Con motivo do Día de Loita Contra a Violencia de Xénero queremos facer unha proposta de actividades para as semanas anteriores.
OBXECTIVOS.
-Prevención das condutas violentas e a violencia contra a muller en todos os ámbitos. -Recoñecer as actitudes violentas na nosa contorna. -Recoñocer as actitudes violentas nas relacións de parella, centrados no emprego das redes sociais. RECURSOS PARA A REFLEXIÓN.
Contido da presentación. Os comportamentos violentos son aprendidos no noso entorno. Na familia, escola e cos amigos. Esta aprendizaxe é tan sutil que non somos conscientes dela e fai que nos acostumemos a ela, reproducindo estas condutas na vida diaria. Nas relacións de parella prodúcese este mesmo fenómeno. Quixemos chamar a atención sobre este aspecto e sobre as mensaxes violentas que recibimos por medio das redes sociais. 2.-VÍDEOS:
-Tentando identificar en primeiro lugar as condutas violentas, nas parellas ou compañeiros ou xente tóxica en xeral para poder descobrir ou reflexionar sobre a escada da violencia. Para iso empregamos o vídeo da profesora de Granada:Carmen Ruíz Repullo,
1º.-Nas aulas con este material, faremos reflexión en torno ós vídeos e á presentación e para recoller o resultado do diálogo pensamos colocar nun poster na aula. Deixamos varias opcións, un poster no que colocar frases xurdidas no grupo e outros dous para facer fincapé no comportamento nas redes, con exemplos de mensaxes positivas e negativas, e un cartel no que se podan poñer exemplos de mensaxes que hai que erradicar e actitudes ou mensaxes positivas que hai que potenciar.
Recollemos temén as aportacións de varios titores deixando aquí varios recursos que poden resultar de interese.
O Equipo de Dinamización do centro tamén nos achega esta canción que ten por obxecto profundizar neste tema. Este equipo tamén invita a todos a deixar nas mesas da entrada denuncia dos micromachismos. Podedes escribir nos carteís que están alí pegados.
O ciberacoso é un novo tipo de acoso que se materializa por medio das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Pódese definir como unha agresión intencionada e prolongada no tempo, por parte dun grupo ou un individuo, usando formas electrónicas de contacto repetidas veces contra unha vítima que non pode defenderse (Smith 2008).
Vemos o seguinte vídeo para estar infomados das conductas que poden ser identificadas como ciberacoso.
Para poder recoñecer estas condutas aquí podes consultr unha lista de actividades consideradas ciberacoso ou ciberbullying.
-Envío repetido de mensaxes ofensivas e insultantes cara a un determinado individuo.
-Loitas online a través de mensaxes electrónicas (chat, mensaxería instantánea vía móbil, SMS, redes sociais…) cunha linguaxe enfadada e soez.
-Envío de mensaxes que inclúen ameazas de danos e que son altamente intimidatorios. Ademais, acompáñanse doutras actividades (espreita, seguimento) na rede que fan que a persoa tema pola súa propia seguridade.
-Enviar ou propagar murmuracións crueis ou rumores sobre alguén que danan a súa reputación ou a danan ante os seus amigos.
-Pretender ser alguén que non se é e enviar ou difundir materiais e informacións online que deixan mal á persoa en cuestión, póñena en risco ou causan dano á súa reputación #ante os seus coñecidos e/ou amigos.
-Compartir online información secreta ou embarazosa de alguén. Enganar a alguén para que revele información secreta ou embarazosa que despois se comparte online.
-Publicación de datos persoais.
-Excluír intencionalmente a alguén dun grupo online, como unha lista de amigos.
-Enviar programas lixo: virus, subscrición a listas de pornografía, colapsar a caixa de correos do acosado, etc.
-Gravar e colgar na internet vídeos de pelexas e asaltos a persoas a quen se agride e que despois quedan expostas a todos.
-Gravar actividades sexuais no móbil ou con webcam e envialo á parella, quen o comparte cos seus amigos coa intención de molestar e denigrar intencionadamente.
-Utilizar un blogue persoal para denigrar e falar mal dunha persoa.
-Manipular materiais dixitais: fotos, conversacións gravadas, correos electrónicos, cambialos, trucarlos e modificalos para ridiculizar e danar a persoas.
-Roubar contrasinais para suplantar a súa identidade.
Resumo na infografía.
As consecuencias do ciberacoso son moi variadas pero aquí podedes ver algúns exemplos.
Reflexionamos sobre o vídeo.
- Que vos parece o ocorrido?
- Creedes que a tecnoloxía: WhatsApp, as redes sociais, son un
bo medio para expresar o noso enfado ou rabia cara a outra persoa?
- Como sentiriades se empezades a recibir chamadas, mensaxes e
publicacións nas que se vos ameaza ou insulta continuamente a través de WhatsApp
ou redes sociais?
-Como reaccionarías a unha situación así?, que fariades?
- E como compañeiros da persoa que está a sufrir unha situación de acoso
como vos sentiriades?, que fariades vós en circunstancias similares?
Estás a ser vítima de ciberacoso?
Na seguinte páxina podes atopar moita información de utilidade para resolver as túas dúbidas. Pica na imaxe.
Ou podes chamar ó seguinte número.
Para rematar deixamos unha aquí unha guía de seguridade en internet que pode ser de moita utilidade . Pica na imaxe.
- Informar ao alumnado sobre o fenómeno do acoso escolar e as súas consecuencias.
- Ofrecer pautas de actuación ante esta situación.
- Espertar e fomentar a capacidade empática no alumnado para que sexa quen de poñerse no lugar daqueles que están a sofrir acoso.
- Promover a axuda mutua.
PASOS DA SESIÓN
- A) Delimitación e definición do acoso. Exposición do profesor sobre o concepto de acoso e os seus tipos por medio da proxección dun vídeo, unha infografía e unha presentaciónque deixamos aquí.
-VÍDEO.
-INFOGRAFÍA
-
PRESENTACIÓN
-B) Comprobación do grao de coñecemento e reflexión en grupo sobre o tema.
Despois do visionado do vídeo ábrese un debate e posta en común coa clase para:
1. Definir os conceptos e ver que entendeu o alumnado de cada un deles.
2. Ver que tipo de acoso perciben nas aulas con máis frecuencia: físico, verbal ou psicolóxico.
3. Debate sobre exemplos e posibilidades de actuación.
-C) Actividade conxunta.
CREACIÓN DE CARTEL OU MURAL de aula que recolle as conclusións do alumnado.
Na aula pegaremos unha táboa de gran tamaño que iremos enchendo coas súas achegas que farán en pequenos notas con pegamento ou posits de diferentes cores, que lles repartirá o profesor, nas que terán que facer as súas reflexións segundo a cor da nota entregada.
-Definición persoal de acoso.
-Tipos de acoso que observa na súa contorna.
-Exemplos de actitudes que no seu xuízo poden considerarse acoso.
-Axentes ou protagonistas implicados.
Se entre todas as mensaxes desexan destacar algunha, escríbese en grande dentro do mural ou pódese rodear, subliñar, colocar cómets de cores. De xeito que esta frase sexa o lema do noso posicionamento de aula diante do acoso escolar. Para animar ó alumnado neste enlace aparecen frases coas que enfontar o acoso.
Dixamos aquí os enlaces ó reumo de dúas películas que tratan o temas do acoso.
En 2022 cúmprense 50 anos da designación do 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución do 15 de decembro de 1972, coa que se iniciou a Conferencia de Estocolmo co Medio Humano coma tema principal. Ese mesmo día, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a creación do "Programa das Nacións Unidas para o ambiente" (PNUMA).
Este ano o lema é “Unha soa Terra”, que foi co que se inaugurou esta celebración no ano 1972 e que sigue tendo vixencia porque este planeta é o noso único fogar e é responsabilidade da humanidade salvagardar os seus recursos finito.
Por este motivo queremos chamar a atención de como a nosa actividde individual inflúe nos procesos de degradación do planeta e de cambio climático para que entendamos que todos estamos a formar parte do problema e por tanto debemos implicarnos nas solucións.
Témonos que informar en primeiro lugar sobre que é a pegada de carbono que a nosa actividade produce no medio ambiente.
Enténdese por pegada do carbono a cantidade total de gases de efecto invernadoiro que produce un ente determinado (persoa, organización, acontecemento, produto…).
Os investigadores Wright, Kemp e Williams deron esta definición cuantitativa:
“É unha medida da cantidade total de dióxido de carbono e metano que emite unha poboación, un sistema ou unha actividade determinados, tendo en conta todas as fontes, sumidoiros e almacenamento dentro do límites espazo-temporais da poboación, sistema ou actividade. Pódese calcular como equivalentes de dióxido de carbono mediante o índice pcg (potencial de quecemento global)”.
Podemos ver o seguinte vídeo no que nos dan unha explicación sinxela.
Actividades:
1º-Propoñemos en primerio lugar que tomemos conciencia medindo a nosa pegada nos desprazaementos que realizamos para asistir ó instituto durante un mes.
Neste vídeo entedemos cómo se pode medir, de xeito aproximado, a pegada de carbono
A páxina web CeroCo2 axúdanos a facer este cálculo. Preme na imaxe.
2º-Revisada a nosa contribución á contaminación producto da nosa actividade entendemos que é necesario reparar este dano que causamos ó medio natural compensando esta acción con outras que contribúen a poñer solucións na medida das nosas posibilidades.
Seguro que na aula xurden distintas ideas que podedes concretar no seguinte cartel, engadindo posits coa vosas achegas.
3.-Por último invitámosvos a poñernos más a obra con dúas accións:
-Recollidad de refugallos na contorna do noso instituto.
-Plantación de flores e árbores nos patios do centro.
O Plan de Convivencia é un documento no que se articula a convivencia escolar e as liñas xerais do modelo de convivencia a implementar no centro, así como os obxectivos e as normas que a regulan e as actuacións de todos os sectores da comunidade educativa. Seguindo o disposto no Decreto 8/2015, capitulo II, e que está incluido no Proxecto educatvido de centro.
No artigo 12 do citado decreto desenvólvense os obextivos deste plan entre os que podemos destacar:
Concienciar e sensibilizar a comunidade educativa sobre a importancia dunha axeitada convivencia escolar e sobre os procedementos para mellorala e acadar un ambiente educativo que permita o óptimo aproveitamento dos recursos que a sociedade pon á disposición do alumnado.
Facilitar a prevención, detección e eliminación de todas as manifestacións da violencia, especialmente do acoso escolar, da violencia de xénero e das actitudes e comportamentos xenófobos e racistas.
Facilitar a conciliación ou a mediación para a resolución pacífica dos conflitos.
A fin de continuar a reflexionar sobre o clima escolar do centro e ter elementos de diagnóstico que nos permitan evaluar e facer propostas de mellora no Plan de Convivencia, deixamos aquí un documento que os titores poden recoller en xefatura, co que abordar unha reflexión pausada co alumando de 1º e 2º da ESO.
A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022 a FlorencioDelgado Gurriarán considerando varios aspectos. En primeiro lugar a súa obra poética, en segundo lugar a súa defensa e militancia a prol dos valores democráticos nun tempo adverso que el mantivo acesos mesmo nas angosturas do desterro. Así como a súa defensa e admiración polas terras de Valdeorras, o seu compromiso coa súa cultura, as tradicións, o patrimonio histórico (material e inmaterial) e lingua da nosa terra.
Desdes o este blog das titotías queremos propoñer varias actividades para dar a coñecer a este autor e a súa obra.
Para informarnos:
- Podemos atopar unha morea de datos e fotografías no corredor de abaixo na exposición que leva por título Primavera das letras.
- Para coñecer distintos aspectos da vida e obra de Florencio Delgado preparamos unhapáxina web na que recompilamos recursos cos que podedes traballar.
Para participar: Temos convocados dous concursos:
- Un de marcapáxinas en papel e en formato dixital.
- Outro de podcast para falar do autor ou ler algún dos seus poemas.
Na imaxe están as bases.
Na biblioteca cada titor pode recoller material para facer marcapáxinas e un dossier con poemas de Florencio Delgado para facilitar a vosa participación nas iniciativas destas semanas que dedicaremos a festexar a Lingua Galega.
A UNESCO fixou en 1995 esta data para a celebración do Día do Libro coincidindo coa de pasamento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare, e Inca Garcilaso de la Vega. Esta efeméride ten como obxectivos ademáis de rendir homenaxe ós libros e aos autores e autoras, fomentar a lectura, defender o libro e o dereito de autor, promocionar a alfabetización, a igualdade e o libre acceso ao coñecemento, ao contido científico así como aos recursos educativos diversos. Trátase de facer festa cos libros e aos autores e autoras, incidindo no fomento do pracer da lectura, valorando axeitadamete a a achega cultural e o legado dos grandes escritores e escritoras. Este ano coinciden de aniversario varios xigantes de literatura en todos os xéneros e linguas. Empezando polo 500 aniversario da morte de Antonio Nebrija, coa súa Gramática da lingua castelán publicada en 1492. O 400 aniversario do nacemento do dramaturgo francés Molière. Os 100 anos do nacemento de Saramago, o pensador portugués. O centenario da morte de Marcel Proust, e os aniversarios da publicación de El mundo de Guermantes e de Sodoma y Gomorra, o terceiro e cuarto volumen da súa obra monumental: El tiempo perdido. Tamén se cumpre un século de publicación de grandes obras de literatura contemporánea como o Ulisses de James Joyce. Poema da literatura inglesa como La tierra baldía de T. S. Eliot. Para rematar non queremos esquecer os poemarios: Trilcede César Vallejo e Desolación, da autora chilena e premio Nóbel de Literatura, Gabriela Mistral.
Día do libro de Biblioteca Sofía Casanova.
Nesta presentación deixamos información e vídeos sobre estes acontecementos. Somos conscientes da gran cantidade de información e da complexidade literaria das obras e dos autores/as que, sin embargo, son referentes imprescindibles da cultura, por este motivo queremos propoñer as seguintes actividades:
1.- Compoñer unha líña temporal con datos imaxes e información resumida dos aniversarios e as obras da presentación, e outros que non temos mencionado quí, pero que consideredes de interés. No círculo poñedes a imaxe, na liña, escribides a data, e no cadro resumides a información sobre o autor/ autora e a obra.
2.- Unha vez máis, neste curso, insistimos no emprego da poesía e neste caso queremos que lle poñades imaxes a algún texto dos poemas que están na presentación. Deberedes indicar o título e o autor ou autora, para facer un marcapáxinas do Día do Libro 2022. Os que queiran entragalos na biblioteca optarán a un premio.
Deixamos esta infografía na que premendo sobre cada cadriño atoparás a páxina dun dos poemarios.
O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde para lembrar o aniversario da fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS) en 1948. Despois de ter pasado estes anos por un longo período de pandemia e inmersos como estamos en varios conflitos bélicos no planeta , pode parecer que hoxe temos que falar de medicina, descubrimentos científicos e outros logros importantes da humanidade. Sendo moi importantes este temas, hoxe queremos facer mención dun tema de saúde que nos afecta a toda a comunidade educativa e que non se pode visibilizar con máscaras, nin facer prevención con vacinas, que é a saúde mental.
Na nosa contorna vemos compañeiros, traballando, estudando, facendo deporte, todos parecen saudables e felices. Pero o certo é que:se nos afecta un problema e nos desequilibra mentalmente , non levamos unha escaiola que faga visible a nosa dor; por iso faise difícil identificar estas doenzas nos outros, incluso podemos chegar á convicción de que somos os únicos que experimentan a angustia, o medo ou o sufrimento interior. Nesta sociedade da comunicación, curiosamente, só se publican fotos ou vídeos divertidos, compoñendo un calidoscopio de risas e poses falsas que nos dan a entender que todos viven unha realidade mellor que a nosa. Non se fala do sufrimento. Se alguén ten algún problema, sentenciamos que o fale cos amigos, cos profesores, coa orientadora, ou cun especialista. En fin, que o comparta con calquera pero que non sexa connosco. Dicimos que non estamos preparados para axudar. Sen minimizar o problema e recomendando que se acuda ós profesionais da saúde, o certo é que todos podemos abrir os ollos e tomar conciencia da dor dos semellantes.
Non se trata de facer grandes xestos pero saudar, acompañar, comentar en positivo, sorrir, felicitar, escoitar, poden ser para un compañeiro ou compañeira, un luz de esperanza que nos alumee o camiño cando no se ve a saída do túnel da desesperación.
Son moitos os aspectos conectados coa saúde mental e unicamente deixamos dúas propostas para iniciar o diálogo nas aulas. Ó noso lado hai compañeiros, amigos e profesores afectados por este motivo invitámosvos a comentar os seguintes vídeos e a realizar as seguintes actividades.
1º Actividade. Iniciamos o diálogo analizando o caso de María.
María é unha moza de 15 anos que ten unha vida normal: vai ó instituto, fai natación un par de días á semana e as fins de semana sae a pasear cos seus amigos e amigas pola súa cidade. Unha vez cada 15 días, desde fai un par de meses, vai á psicóloga, aínda que non llo dixo a ninguén.
«Os psicólogos son os profesionais ós que acudimos cando necesitamos axuda para coidar da nosa saúde mental.»
Que imaxinas que lle pode pasar a María para acudir á psicóloga?
Cres que é normal que non llo contou a ninguén? Por que?
Coñeces cal é a diferenza entre a psicoloxía e a psiquiatría? Explícao coas túas propias palabras.
Por que cres que é importante coidar a saúde mental?
Poderías definir “saúde mental” coas túas propias palabras?
Que factores dos que ves na táboa cres que inflúen na nosa saúde mental?
2º- Actividade, propoñémosvos que analicemos películas e libros para comprender a saúde mental.
1. Escollemos unha das películas, series ou libros. Lemos ou vemos un anaco ou un capítulo da serie ou do libro.
2. Recollemos información para completar a táboa e facemos diálogo en grupos sobre os aspectos de saúde mental que nos chamaron a atención.
Na biblioteca de Familia podedes atopar libros que tratan diversos temas de saúde mental. Pero na sala de lectura tamén temos historias nas que os seús protagonistas teñen que lidiar con problemas de Anorexia, adiccións, acoso ou situacións do ámbito familiar que trastornan o seu equilibrio mental. Aquí deixamos algún pero hai moitos máis que podes ler.
Estas semanas anteriores estivemos adicando tempo nas titorías a traballar coa poesía no blog de titorías puxemos unha entrada con varias actividades ó que o alumnado se podía sumar.
Deixamos unha información sinxela sobre como escribir poesía e outro para recoñecer as figuras literarias. Tentando facer unha actividade que conectase a celebración deste Día da Poesía co nosos obxectivo para este curso de promocionar a oralidade, propuxémoslles facer o recoñecemento destas figuras por medio do análise das letras de cancións coñecidas ou populares. Nós deixamos unhas poucas pero invitamos a cada profesor a facer a súa aportación en outras linguas do currículo.
Nas aulas colgáronse uns carteis como o que vemos na imaxe para poder facer unha clasificación dos exemplos de esas figuras que foron quen de recoñecer en poemas ou cancións.
Sorprendeunos a participación e comprobamos que son quen de recoñecer estas figuras en un variado abano de composicións.
Nestes días onde as noticias sobre a guerra en Ucraína teñen un gran impacto, propuxémonos recordarlles que a poesía sempre foi unha vía privilexiada para denunciar e rexeitar a deshumanización dos conflito bélicos. Deixámoslles algúns poemas e cancións sobre a Guerra e coas achegas que o alumando dos diferentes grupos un grupo de 1º da ESO foi o encargado de construír un mural na biblioteca.
Por outra banda, deixamos na entrada unha exposición con libros de poetas en diferentes linguas que serviunos para facer unha pequena lectura de algún poema con alumnado dos que adoitan vir pola biblioteca.
Comprobamos así como a poesía sigue despertando a curiosidade dos rapaces de todas as idades. O profesorado tamén nos fixo suxestións sobre a compra de algún exemplar que cada un considera importante que poñamos a disposición do alumnado. E serviu tamén para facer publicidade de algún certame como o de Poesía Salvaxe que se celebra na nosa cidade, e que os seus promotores Guillermo Ferrández e Karlotti, xa nos tiñan presentado en anos anteriores.
Foi en outubro-novembro do 1999 cando a UNESCO durante a súa 30ª reunión en París, decidiu proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade a todas as linguas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades. Por este motivo queremos chamar a atención sobre este xénero literario por medio do que todos somos quen de expresar pensamentos, sentimentos e emocións. Desde moi cedo aprendemos versos, pequenos poemas ou cancións transmitidos de xeito oral, antes incluso de saber escribir. A poesía cose, imaxes, cores, sons e sensacións ás nosas lembranzas e aprendizaxes ó longo da nosa vida.
Estamos seguros que non podemos prescindir dela como tampouco da música á que tantas veces vai unida. Para este Día da Poesía queremos deixavos dous vídeos que nos achegan de xeito didáctico a unha explicación sinxela sobre que é un poema e que son as figuras literarias.
Para concretar as actividades na aula invitámosvos a que reflexionedes sobre dúas cuestións:
1.- As figuras literarias, buscando cancións ou poemas onde recoñezas ou descubras algunha delas.
Logo facedes unha clasificación de anacos de cancións ou poemas nos que atopástes esas figuras e pegádelas nun póster na aula. A cada cadro podedes poñerlle unha pegatina co nome da figura literaria. Nos posits que vos proporcionará o titor/titora copiades algunhas frases dos poemas ou cancións nos que teñades subliñado a figura literaria atopada. Con todas as achegas facedes un mural para a vosa clase.
2.- Poesía contra a guerra. Moitas veces os poetas cantaron, berraron e choraron a destrutiva realidade da guerra, polo que vos propoñemos recompilar aqueles poemas ou cancións que vos impresionaron falando deste tema. Neste caso gustaríanos que poñades por escrito un anaco de poema ou canción nunha tarxeta, da que deixamos modelo na biblioteca. Coas vosas achegas queremos construír un gran mural na biblioteca. Se vos animades, podemos recitalas e facer tamén un programa de radio.