domingo, 29 de setembro de 2024

Autoestima e autoconcepto.

En moitos dos problemas que enfrontamos nas nosas relacións sociais está presente un desequilibrio na nosa autoestima. Por este motivo imos reflexionar neste tema. Empezamos facendo unha distinción:



Autoestima: É a valoración subxectiva e emocional que temos de nós mesmos. Reflicte como nos vemos e sentimos internamente, A autoestima tamén crea unha imaxe de “como quero ser”, e xulgámonos cando esta non coincide coa de “como son”. É difícil de cambiar porque responde a unha visión emocional máis que á lóxica.

 Autoconcepto: É a percepción cognitiva que temos de nós mesmos, formada por ideas e crenzas que podemos expresar con palabras. Baséase no razoamento e é máis doado de modificar reestruturando os nosos pensamentos. Está influidada pola información externa e á percepción dos demais sobre nós.

Para empezar falamos sobre o que observamos neste vídeo.

 Como podedes comprobar a protagonista non ten unha autoestima positiva, na seguinte infografía deixamosche algúns datos para que vexas a importancia de acadar unha autoestima equilibrada.

AUTOESTIMA EQUILIBRADA de D.O. IES Sofía Casanova.

Mellorar a autoestima é un proceso que pode levar tempo, pero hai varias estratexias que poden axudar. Aquí tes algúns consellos prácticos:

  • Autocoidarte: Coidar de ti mesmo é fundamental. Alimentarse ben, facer exercicio regularmente e descansar  suficientemente.
  • Identificar as túas fortalezas: Reflexionando  nas propias habilidades e logros.
  • Cambiar ou teu diálogo interno: Se consciente dás túas autocríticas e traballa para substituílas por pensamentos máis positivos e realistas
  • Establecer metas realistas: Define obxectivos alcanzables e traballa para conseguilos. 
  • Buscar apoio: Fala con amigos, familiares ou un profesional.
  • Aprender algo novo: Adquirir novas habilidades ou coñecementos pode aumentar a túa confianza e proporcionar un sentido de logro.
  • Aceptar. Todos cometemos erros. É necesario aceptalos como parte do proceso de crecemento persoal.

Facemos unha actividade que nos axuda a saber que imaxe temos de nosoutros e como nos percibimos.

 A ÁRBORE DA AUTOESTIMA

Nas raíces escribiremos  todas as calidades que consideras que tes.Es xeneroso/a? Es creativo/a? Es traballador/a? Es paciente?

No tronco. Apunta aquelas cousas que se che dan ben, nas cales destacas. Por exemplo: dáseme ben escribir, dáseme ben facer deporte, son bo/a en matemáticas, fago amigos facilmente, etc.

Nas ramas e froitos. Enumera eses logros dos cales estás moi orgulloso. Por exemplo, aprobei, gañei o partido, clasifiqueime no campionato, superei a miña marca nun xogo,etc.