luns, 16 de setembro de 2024

Elección de delegado/a


Nos primeiros días do curso, é necesario nomear a unha persoa que represente a cada grupo de alumnos/as. Unha adecuada elección do delegado/a de grupo require información e reflexión previas por unha banda, sobre a  figura e funcións dos delegado/a e, doutra banda, do proceso de toma de decisións necesario para a elección.

 


Esta activiadade na titoría ten os seguintes obxectivos:

  • Coñecer e valorar as funcións do delegado/a de grupo e reflexionar sobre as calidades que favorecen o seu adecuado desempeño.
  • Aproximar aos alumnos/as á participación democrática en procesos de elección.
  • Elixir o delegado/a e subdelegado/a de grupo.
Desenvolvemento.

  • Información inicial sobre o delegado/a. Exponse a información sobre a Xunta de Delegados/as, as funcións do delegado/a.
  • Reflexións previas sobre o delegado/a. En pequenos grupos ou en gran grupo, discútense as calidades persoais do delegado/a e as consecuencias que terá unha elección pouco meditada.
  • Información sobre o proceso de elección. Explícanse os elementos de todo proceso de elección: presentación de candidaturas; constitución da mesa; votación libre, individual e secreta; garantías e consecuencias dun proceso de elección destas características.
  • Proceso de elección. En primeiro lugara faise unha presentación ou defensa de candidaturas, procédese despois á  constitución da mesa, a continuación faise o repartición de papeletas, procédese á  votación libre, individual e secreta. Contabilizados os votos  procedese a completar da acta de elección.
Recursos.


Resumo das funcións do delegado/a 

Reflexión sobre a elección do delegado.

Poderán ser elixidos e electores todo o alumnado que formen parte do grupo.
Aquí deixamos unha formula para facilitar o proceso de reflexión sobre o perfil do candidato.


 PROCEDEMENTO DE ELECCIÓN:
A elección farase segundo as seguintes normas:
-  Cada grupo elixirá un Delegado e un Subdelegado
- Para o acto de elección constituirase unha mesa electoral composta polo titor ou  titora como Presidente, e dous alumnos/as, o máis novo do grupo como secretario e o maior como Vocal.
-  O quórum esixible será a maioría simple (a metade máis un).
-  A votación será nominal e secreta. O Presidente chamará ao alumnado por orde de lista, que depositará o seu voto na urna ou onde se acorde.
-  Cada alumno escribirá un nome na papeleta que se lle entregue e serán anuladas as papeletas nas que figure máis de un nome e aquelas non que este non sexa claramente identificable.
- O alumno ou alumna que acade un número de votos superior ó 50% dos votos emitidos será designado Delegado e o que lle segue en número de votos será proclamado Subdelegado. Se na primeira votación ningún candidato acada a porcentaxe anterior farase unha segunda votación entre os tres candidatos máis votados.
-  Proclamación dos representantes elixidos.
- Levantar Acta da sesión, firmada por todos os integrantes da mesa electoral e na que se fan constar os compoñentes da mesma, os candidatos e os resultados da votación.