xoves, 18 de xaneiro de 2024

Charla sobre afectividade e sexualidade

En palabras da UNESCO, "A educación integral en sexualidade proporciona ao alumnado a oportunidade de desenvolver a confianza en si mesmo "ao aprender acerca das súas emocións; a autoxestión, a saúde sexulal o comportamento e as habilidades sociais, como o manexo de conflitos, e a toma de decisións responsables,etc." 
A educación afectivo-sexual é, ademais, un dereito de nenos, nenas e adolescentes, que está recollido pola OMS.

Por este motivo, e dentro do Plan de Acción titorial do centro, puxémonos en contacto co equipo de planificación familiar de Ferrol, para poder deseñar unha actividade pedagóxica que empregase información rigorosa, obxectiva e completa a nivel biolóxico, psíquicolóxico e  social, para dar respostas as inquedanzas do noso alumnado en materia de afectividade en sexualidade

Eles fixeron unha proposta de actuación por medio de charlas e debates cos rapaces e rapazas do instituto, que ten por obxectivo primordial dotar ao alumnado de coñecementos baseados en datos empíricos, habilidades, actitudes e valores que os preparen para gozar de saúde, benestar e dignidade; establecer relacións sociais e sexuais baseadas no respecto; analizar como as súas decisións afectan ao seu propio benestar e o doutras persoas; e comprender como protexer os seus dereitos e velar por eles. Nos coloquios e exposicón abordanse temas como: O corpo humano e o desenvolvemento, as habilidades para a saúde e o benestar, as relacións sexuais e afectivas equilibradas, o entendemento de xénero a loita contra a violencia sexual e afectiva así como os valores e a  cultura de dereitos e sexualidade.


Neste contexto ven de desenvolverse o día 18 de xaneiro, a segunda parte das charlas na que se atendeu a un total de 80 alumnos e alumnas de 4º da ESO. 

Deixamos aquí testimonio gráfico das mesmas.