xoves, 18 de xaneiro de 2024

ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ 2023

  O 30 de xaneiro é o Día da Ilustración e a Non Violencia e da Paz, para a súa conmemoración temos pensado:

   - Para 1º e 2º ESO facer o máximo número de pombas de papel e expoñelas na mesa da entrada ao centro. As ás das pombas terían mensaxes positivas en contra dos conflitos armados actuais (Palestina, Ucraína, Siria, Ghana, etc.), do racismo ou de calquer acto violento. Para a realización das pombas de papiroflexia podedes visionar este vídeo: 


Día da PAZ e a Auga.
Xuntando as efemérides da PAZ e do Día da Auga que se celebra o 22 de marzo, quermos chamar a atención sobre o emprego da auga nos conflictos armados tomando a suxestión da web de UNICEF: https://www.unicef.es/educa/dias-mundiales/dia-escolar-no-violencia-paz 

A auga e a paz están moi relacionadas e o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible nº 16 sobre paz non pode lograrse se non se avanza no obxectivo nº 6 sobre auga.

Información sobre a auga e a paz.

Moitos cursos de auga e lagos marcan a fronteira entre dúas ou máis países. Tamén hai ríos que nacen nun país e atravesan outros ata a súa desembocadura ou acuíferos subterráneos que se estenden baixo varios países. Nestes casos a auga é un recurso compartido que dá riqueza a varios países pero que tamén xera tensións. Estas tensións tamén se poden producir dentro dun país, cando varias comunidades comparten un río ou cando existen incompatibilidades entre os usos públicos e privados das fontes de auga.
A auga non só pode ser motivo de disputas, senón que tamén foi utilizada en varios conflitos como arma ou como estratexia de guerra, mediante a contaminación de pozos, os cortes de subministración ou o bloqueo do acceso á auga. 

Sabías que...?

A palabra "rival" ten relación coa auga. Etimolóxicamente deriva do latín "rivus", que significa "arroyo" e que dá orixe tamén á palabra "río". Quizais sexa un reflexo da inimizade que podía darse entre veciños polo uso de acequias ou fontes comunais. Outras teorías explican que pode ser polas tensións que había entre os distintos pobos ribeiregos ou polos conflitos que podían xurdir entre quen vivía nas ribeiras dos ríos e quen vivía máis lonxe do curso da auga, debido ao control do acceso. 

Na actualidade hai conflitos por mor da auga?
Aínda que as noticias non falan deles, os conflitos pola auga non son cousa da antigüidade e seguen existindo hoxe en día. Aínda que haxa outras fontes de enerxía e a pesar de todos os avances tecnolóxicos a auga continúa sendo esencial para a vida e o control dos recursos hídricos dá poder a quen o ten. Tamén nas zonas de guerra na actualidade a auga é un recurso que pode ser empregado para someter á poboación. Nestas zonas o primeiro recurso do que as ONGs tratan de surtir á xente é de auga potable.

https://www.unicef.es/educa/biblioteca/paisajes-de-paz-actividad-didactica



“Hai moitos lugares nos que empezan a estalar conflitos pola auga en numerosas sociedades, por exemplo en Etiopía, na Bengala india, en Exipto, Sudán, China, río abaixo e río arriba no Yang-Tsé. As tensións son vivas mesmo no plano internacional. A meseta do Golán, que se disputan Siria e Israel, é en primeiro lugar un depósito de auga nunha rexión seca. O *Éufrates é un tema de discordia entre Siria e Turquía, que está a construír represas río arriba. Ata os mexicanos comezan a molestarse cando comproban o que queda do Colorado cando cruza a fronteira. A diminución do caudal dos cursos de auga non vai mellorar a situación”.
Fonte: Lester R. Brown, Word Watch Institute 

Para o diálogo na aula.

Se a maior parte da superficie da Terra é auga, por que crees que hai conflitos polo seu uso?
 Cando falamos dos conflitos noutros países parécenos lóxico pensar que deberían compartir os seus recursos sen que ninguén se aproveite nin salga prexudicado, pero ás veces é difícil aplicar esa lóxica cando o conflito témolo cos nosos propios veciños. Por que crees que pasa isto?
 Investir en dar acceso a auga de calidade á poboación axuda a construír a paz en zonas de conflito e, á súa vez, investir en construír a paz axuda a afrontar os desafíos dalgunhas rexións respecto á auga. Por que crees que é así?
Para facer na aula.

Podemos facer as pombas de origami e deixamos aquí outra opción para aqueles que non temos tanto talento manual, trátase dunha pomba con dúas gotas de auga, que podedes decorar ou nas que podedes dixar mensaxes para conmemorar estas xornada: Día da Ilustración que lembra o pasamento de Castelao e  Día da Paz, o de  Mahatma Gandhi.