domingo, 3 de decembro de 2023

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

 En 1945 rematada II Guerra Mundial, os gobernantes dos países participantes, pensaron que nunca máis debían volver facelo. Debían falar, discutir e atopar solucións aos problemas de forma pacífica, sen loitas nin guerras. Por iso decidiron agruparse nunha organización: a Organización das Nacións Unidas (ONU). Hoxe case 200 países do mundo forman parte dela.

En 1948, representantes de todos os países decidiron aprobar a “Declaración Universal dos Dereitos Humanos”. Que se cualifica de Universal porque pretende ser un instrumento válido para protexer os dereitos de todas as persoas en calquera parte do mundo.

Este é un resumo deses dereitos:

artigo 1

Ao nacer, todas as persoas son libres e teñen os mesmos dereitos.

artigo 2

As persoas poden ser de razas distintas, falar linguas distintas, ser ricas ou pobres, ter opinións e relixións distintas. As persoas poden ser diferentes, pero todas teñen os mesmos dereitos.

artigo 3

Todas as persoas teñen dereito a vivir, e a facelo en liberdade e con seguridade.

artigo 4

Ninguén pode escravizar a outra persoa, ou comprala e vendela coma se fose unha mercadoría.

artigo 5

Ninguén pode maltratar ou torturar a outra persoa.

artigo 6

Todas as persoas deben respectar os dereitos dos demais, en calquera parte onde estean.

artigo 7

As leis deben protexer e axudar da mesma forma a todas as persoas.

artigo 8

Todas as persoas teñen dereito a que os xuíces as traten de forma xusta.

artigo 9

Ninguén pode ser detido ou encarcerado sen motivo.

artigo 12

Todas as persoas teñen dereito á súa intimidade: ninguén pode falar ou escribir sobre a vida privada dunha persoa, entrar na súa casa ou ler as súas cartas si ela non deu permiso para facelo.

artigo 13

Todas as persoas poden elixir en que país e en que cidade van vivir. Poden saír e regresar ao seu país cando o desexen.

artigo 14

Si unha persoa é perseguida inxustamente no seu país pode pedir a outro país que a acolla para vivir alí.

artigo 16

Todas as persoas poden formar unha familia e o Estado debe axudalas para que poidan facelo. Ninguén pode obrigar a unha persoa a casar. No matrimonio, os homes e as mulleres teñen os mesmos dereitos.

artigo 17

Todas as persoas poden ter propiedades e ninguén pode quitarllas sen motivo.

artigo 18

Todas as persoas poden pensar o que queiran, elixir a relixión que desexen e falar das súas crenzas relixiosas. Calquera persoa pode cambiar a súa relixión cando queira.

artigo 19

Todas as persoas poden buscar e recibir información e opinar sobre o que queiran, alí onde estean, sempre que as súas opinións non ofendan nin insulten a ninguén.

artigo 20

Todas as persoas poden reunirse e tamén participar en asociacións, pero ninguén pode obrigalas a pertencer a un grupo ou asociación.

artigo 23

Todas as persoas teñen dereito a traballar e cobrar un salario que se corresponda co traballo que realizan. As persoas que realizan un mesmo traballo deben recibir o mesmo salario e, si queren, poden agruparse en sindicatos para defender os seus dereitos como traballadores.

artigo 25

Todas as persoas teñen dereito a vivir dignamente. Vivir dignamente significa poder comer cada día, ter roupa, ter casa, poder ir á escola e ao médico si estamos enfermos. As nais e os seus fillos teñen dereito a unha protección especial.

artigo 26

Todas as persoas teñen dereito á educación. Os estudos elementais deben ser obrigatorios e gratuítos. Os pais poden elixir o tipo de educación dos seus fillos.

artigo 30

Ninguén debe actuar en contra dos dereitos que están escritos nesta Declaración.


Deixamos aquí unha imaxe se picas nela podes ler o contido dos artígos:



Se picas aquí podes ir á Declaración de Dereitos Humanos e leer o preámbulo e os dereitos.
Actividade conxunta para o Nadal.
Queremos facer ilustracións sobre os Dereitos Humanos e así chamar atención sobre a necesidade de telos presentes neste tempo de Nadal. Por este motivo, deixamos na biblioteca unhas cartolinas con imaxes de estrelas ou bolas para decorar a árbore este ano.
O alumnado elixe un dereito e escríbeo en galego na parte traseira da cartolina e deseña unha imaxe que ilustre ese dereito para poñelo na parte de diante.
Con todas os dereitos ilustrados queremos poñer este curso a nosa árbore de Nadal.
Animádevos a participar.

de Sofía Casanova.