luns, 20 de decembro de 2021
ENTREGA DE PREMIOS DOS CONCURSOS DO SAMAÍN E DO NADAL
A TRADICIÓN ORAL NO NADAL E AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA, VIII CENTENARIO AFONSO X
venres, 10 de decembro de 2021
CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL 2021
BASES DO CONCURSO DE POSTAIS• Quen pode participar?Todo o alumnado da ESO e o Bacharelato do centro.CATEGORIA A: Primeiro ciclo da ESO, 1º e 2º.CATEGORÍA B:Segundo ciclo da ESO, 3º e 4º.CATEGORÍA C: Bacharelato.• Cal é o tema?Os postais versarán sobre as panxoliñas ou cancións típicas do Nadal, nas catro linguas do currículo.• Como participar?As obras deberán ser inéditas e realizadas polos concursantes.MODALIDADE:formato papel na tarxeta que lles entregamos a cada titoría.Cada concursantepresentará un único traballo con técnica libre, con ilustracións ou debuxos que fagan referencia a unha panxoliña en calquera das linguas do currículo.As postais estarán realizadas para ser vistas en sentido horizontal.Deberán ir asinadas na parte posterior.• Cal é o prazo, lugar e modo de presentación?As obras deberán ser presentadas antes do día 20 de decembro de 2021.O lugar de presentación será a biblioteca.• Como se elixirán as postais gañadoras?O xurado composto por profesores do centro elixirá as postais gañadoras para cada categoría. Para a elección das postais non só se valorará a beleza senón tamén a técnica,orixinalidade, innovación, composición e a relación da imaxe texto cunha panxoliña en calquera lingua do currículo.O fallo do xurado darase a coñecer os días 21 e 22 de decembro, no blog da biblioteca do centro. Serán colgadas na árbore do centro unha vez rematada a fase de concurso polos responsables da biblioteca.As postais faranse nestas cartolinas que tamén podedes recoller na biblioteca.
Aquí tedes a letra dunha panxoliña na que atopar inspiración.
10 DECEMBRO. DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS
En 1945 rematada II Guerra Mundial, os gobernantes dos países participantes, pensaron que nunca máis debían volver facelo. Debían falar, discutir e atopar solucións aos problemas de forma pacífica, sen loitas nin guerras. Por iso decidiron agruparse nunha organización: a Organización das Nacións Unidas (ONU). Hoxe case 200 países do mundo forman parte dela.
En 1948, representantes de todos os países decidiron aprobar a “Declaración Universal dos Dereitos Humanos”. Que se cualifica de Universal porque pretende ser un instrumento válido para protexer os dereitos de todas as persoas en calquera parte do mundo.
Este é un resumo deses dereitos:
artigo 1
Ao nacer, todas as persoas son libres e teñen os mesmos dereitos.
artigo 2
As persoas poden ser de razas distintas, falar linguas distintas, ser ricas ou pobres, ter opinións e relixións distintas. As persoas poden ser diferentes, pero todas teñen os mesmos dereitos.
artigo 3
Todas as persoas teñen dereito a vivir, e a facelo en liberdade e con seguridade.
artigo 4
Ninguén pode escravizar a outra persoa, ou comprala e vendela coma se fose unha mercadoría.
artigo 5
Ninguén pode maltratar ou torturar a outra persoa.
artigo 6
Todas as persoas deben respectar os dereitos dos demais, en calquera parte onde estean.
artigo 7
As leis deben protexer e axudar da mesma forma a todas as persoas.
artigo 8
Todas as persoas teñen dereito a que os xuíces as traten de forma xusta.
artigo 9
Ninguén pode ser detido ou encarcerado sen motivo.
artigo 12
Todas as persoas teñen dereito á súa intimidade: ninguén pode falar ou escribir sobre a vida privada dunha persoa, entrar na súa casa ou ler as súas cartas si ela non deu permiso para facelo.
artigo 13
Todas as persoas poden elixir en que país e en que cidade van vivir. Poden saír e regresar ao seu país cando o desexen.
artigo 14
Si unha persoa é perseguida inxustamente no seu país pode pedir a outro país que a acolla para vivir alí.
artigo 16
Todas as persoas poden formar unha familia e o Estado debe axudalas para que poidan facelo. Ninguén pode obrigar a unha persoa a casar. No matrimonio, os homes e as mulleres teñen os mesmos dereitos.
artigo 17
Todas as persoas poden ter propiedades e ninguén pode quitarllas sen motivo.
artigo 18
Todas as persoas poden pensar o que queiran, elixir a relixión que desexen e falar das súas crenzas relixiosas. Calquera persoa pode cambiar a súa relixión cando queira.
artigo 19
Todas as persoas poden buscar e recibir información e opinar sobre o que queiran, alí onde estean, sempre que as súas opinións non ofendan nin insulten a ninguén.
artigo 20
Todas as persoas poden reunirse e tamén participar en asociacións, pero ninguén pode obrigalas a pertencer a un grupo ou asociación.
artigo 23
Todas as persoas teñen dereito a traballar e cobrar un salario que se corresponda co traballo que realizan. As persoas que realizan un mesmo traballo deben recibir o mesmo salario e, si queren, poden agruparse en sindicatos para defender os seus dereitos como traballadores.
artigo 25
Todas as persoas teñen dereito a vivir dignamente. Vivir dignamente significa poder comer cada día, ter roupa, ter casa, poder ir á escola e ao médico si estamos enfermos. As nais e os seus fillos teñen dereito a unha protección especial.
artigo 26
Todas as persoas teñen dereito á educación. Os estudos elementais deben ser obrigatorios e gratuítos. Os pais poden elixir o tipo de educación dos seus fillos.
artigo 30
Ninguén debe actuar en contra dos dereitos que están escritos nesta Declaración.
Deixamos aquí unha imaxe se picas nela podes ler o contido dos artígos:
venres, 26 de novembro de 2021
3 DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
www.sonrisasdebombay.org |
martes, 16 de novembro de 2021
CONCURSO DE HAIKUS. IGUALDADE E CONVIVENCIA
Deixamos aquí o cartel do concurso de Haikus que organizan os Equipos dos Contratos Programa de Igualdade e Convivencia do centro.
venres, 12 de novembro de 2021
martes, 9 de novembro de 2021
EXPOSICIÓN DAS ACTIVIDADES DO 25 DE NOVEMBRO
25 DE NOVEMBRO, ACTIVIDADES 3º, 4º DA ESO
25 DE NOVEMBRO, DÍA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Desde o Departamento de Orientación, o equipo de Dinamización e a biblioteca e Contratos Programa, queremos propoñer as seguintes actividades baixo o lema.
” PLANTAMOS O XARDÍN DA CONVIVENCIA.”
Baixo este lema quixemos facer unha campaña de concienciación sobre a necesidade de tomar unha actitude visible de denuncia e condena da violencia en xeral e da violencia de xénero en particular.
“Plantamos o xardín da convivencia” expresa esa necesidade de non pasar por alto esta situación e denunciar todo a violencia contra as mulleres. Por iso, non só o puxemos nun cartel senón que imos facer unha plantación simbólica flores de origami, con lemas sobre as conductas positivas que fan prevención da violencia.
OBXECTIVOS.
-Prevención das condutas violentas e a violencia contra a muller en todos os ámbitos.
-Recoñecer as actitudes violentas na nosa contorna.
-Recoñocer as actitudes violentas nas relacións de parella, centrados no emprego das redes sociais.
RECURSOS PARA A REFLEXIÓN.
A)PRESENTACIÓNS:
EL ENCAJE ROTO de Emilia Pardo Bazán.Consta de pequenos extractos das súas obras ou artígos no que aborda o maltrato á muller.
A APRENDIZAXE DA VIOLENCIA. Contido da presentación.
Os comportamentos violentos son aprendidos no noso entorno. Na familia, escola e cos amigos.Esta aprendizaxe é tan sutil que non somos conscientes dela e fai que nos acostumemos a ela, reproducindo estas condutas na vida diaria.
Nas relacións de parella prodúcese este mesmo fenómeno. Quixemos chamar a atención sobre este aspecto e sobre as mensaxes violentas que recibimos por medio das redes sociais.
B)VÍDEOS:
1º.-VÍDEO A HISTORIA DE PEPA E PEPE.
-Tentando identificar en primeiro lugar as condutas violentas, nas parellas ou compañeiros ou xente tóxica en xeral para poder descobrir ou reflexionar sobre a escada da violencia. Para iso empregamos o vídeo da profesora de Granada:Carmen Ruíz Repullo A historia de Pepa e Pepe , ou este outro, feito por alumnos. ( Conta a mesma historia pero son os rapaces os que a escenifican).
2º.-VÍDEO: 10 FORMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NAS REDES
-ACTIVIDADE: Facer carteis en cartolinas que deixaremos a disposicion dos titores na biblioteca do centro.
-O alumando deberá escribir en letras grandes que ocupen todo o espazo, unha soa palabra por cartolina, poñendo valores ou características que debería ter unha educación en igualdade e convivencia, coa que medrar con boas raíces.
Deixamos algunha suxestión para poñer nas cartolinas que van debaixo das raíces. (Coeducación, xenerosidade, respeto, corresponsabilidade, formación en igualdade, Identidades diversas, cooperación, linguaxe inclusivo)
Ou os froitos que darán unha educación así.
Deixamos algunha suxestión para poñer nas cartolinas que van nos froitos.(Libertade, equidade, igualdade, tolerancia, solidaridade, convivencia, participación, non violencia)
luns, 8 de novembro de 2021
venres, 5 de novembro de 2021
PROPOSTA DE ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO, 1º e 2º DA ESO.
25 DE NOVEMBRO, DÍA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Desde o Departamento de Orientación, o equipo de Dinamización, a Biblioteca e Contratos Programa, queremos propoñer as seguintes actividades baixo o lema.
”PLANTAMOS O XARDÍN DA CONVIVENCIA.”
Con el quixemos facer unha campaña de concienciación sobre a necesidade de tomar unha actitude visible de denuncia e condena da violencia en xeral e da violencia de xénero en particular.
-Prevención das condutas violentas e a violencia contra a muller en todos os ámbitos.
-Recoñecer as actitudes violentas na nosa contorna.
-Recoñocer as actitudes violentas nas relacións de parella, centrados no emprego das redes sociais.
RECURSOS PARA A REFLEXIÓN.
1.-PRESENTACIÓN: A APRENDIZAXE DA VIOLENCIA.
Contido da presentación.
Os comportamentos violentos son aprendidos no noso entorno. Na familia, escola e cos amigos. Esta aprendizaxe é tan sutil que non somos conscientes dela e fai que nos acostumemos a ela, reproducindo estas condutas na vida diaria. Nas relacións de parella prodúcese este mesmo fenómeno. Quixemos chamar a atención sobre este aspecto e sobre as mensaxes violentas que recibimos por medio das redes sociais.2.-VÍDEOS:
A)- A HISTORIA DE PEPA E PEPE.-Tentando identificar en primeiro lugar as condutas violentas, nas parellas ou compañeiros ou xente tóxica en xeral para poder descobrir ou reflexionar sobre a escada da violencia. Para iso empregamos o vídeo da profesora de Granada:Carmen Ruíz Repullo,
Esta é unha versión feita polo alumando do mismo vídeoB)-VÍDEO DE PANTALLAS AMIGAS: 10 FORMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NAS REDES
1º.-Nas aulas con este material, reflexión en torno ós vídeos e á presentación co alumnado sobre esta cuestión.(Semana do 8-12 de novembro).
2º.- Compoñer UN XARDÍN DA CONVIVENCIA na entrada do centro con todas as flores que se fagan nas titorías de 1º e 2ºda ESO, segudo o calendario que figura máis abaixo no blog. Nas flores poñeremos frases positivas e deixamos algunha para orientarnos.
(Semana do 15-19 de novembro).
VÍDEOS PARA O 25 DE NOVEMBRO
Deixamos aquí o vídeo da HISTORIA DE PEPA E PEPE.
PRESENTACIÓN PARA TRABALLAR NAS AULAS
Deixamos aquí a presentación que ten unha velocidade de 5 segundos para pasar cada diapositiva.
martes, 2 de novembro de 2021
BLOG ACTIVIDADES BIBLIOTECA E TITORÍAS
Este martes, día 2 de novembro acordamos crear este blog para poder compartir as propostas de actividades que facemos de xeito coordinado o Departamento de Orientación, o equipo de Dinamización Lingüística e a biblioteca do centro.
DÍA DAS BIBLIOTECAS, EMILIA PARDO BAZÁN
Deixamos aquí o díptico e a presentación con contos de Emilia Pardo Bazán que publicamos o Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, publicámolo aquí para que esté a disposición de todo o profesorado.
Deixamos o díptico da xornada.Aquí tedes tamén a presentación dos contos.