Este ano cúmprense 10 anos da declaración por parte da ONU do “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia” (11 de febreiro de 2015) e 30 da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing. Ambas iniciativas teñen como obxectivo que todas as nenas e mulleres teñan as mesmas oportunidades para estudar, traballar e brillar na ciencia.
Aínda que se lograron avances significativos, como unha maior presenza de mulleres en carreiras STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), aínda existen desafíos importantes. A brecha de xénero persiste en moitos ámbitos científicos e as mulleres seguen enfrentando obstáculos para alcanzar postos de liderado e recoñecemento.
Este 11 de febreiro desde o noso centro queremos render homenaxe a dúas científicas moi destacadas do noso país que son de Ferrol: a oceanógrafa Ángeles Alvariño e a profesora Ángela Ruiz Robles.
A primeira foi recoñecida no 2015, pola Real Academia Galega de Ciencias de Galicia, cun número especial ao que vos deixamos unha ligazón. Tamén leva o seu nome un buque oceanográfico do noso país e o parlamento galego aproboou a Lei 13/2021, de 20 de xullo, coñecida como Lei Ángeles Alvariño, para garantir a igualdade na universidade,para apoiar, promover e visibilizar o traballo investigador das mulleres en Galicia e introduce mecanismos correctores e obxectivos nas convocatorias públicas de I+D+i para evitar a súa discriminación.![]() |
| https://historia.nationalgeographic.com.es/a/angeles-alvarino |
A profesora Ángela Ruiz Robles, pola súa banda, foi unha pioneira no ámbito da educación e a tecnoloxía, sendo a creadora da Enciclopedia Mecánica, un invento considerado o precursor do libro electrónico. A súa contribución ao ensino e á divulgación do coñecemento fai que sexa unha figura clave na historia da innovación educativa.
| https://www.acami.es/efemerides/28-de-marzo-de-1895/ |




.jpeg)
.jpeg)



.jpg)









