Durante a sesión falouse da importancia de entender a educación afectivo-sexual como parte da formación integral das persoas. Non se trata só de explicar cuestións biolóxicas, senón tamén de educar en valores como o respecto, a autoestima, a empatía e o coidado nas relacións cos demais.
Tamén se destacou o papel fundamental da familia como primeiro espazo educativo. Animouse ás familias a falar destes temas con naturalidade na casa, respondendo ás preguntas dos fillos e fillas dun xeito sinxelo e adaptado á súa idade. Crear un clima de confianza axuda a que os máis novos se sintan cómodos para expresar dúbidas, inquietudes ou emocións.
A actividade rematou cun pequeno coloquio no que as familias puideron compartir preguntas e reflexións.
Desde o centro agradecemos a participación e o interese mostrado, e seguimos apostando por este tipo de encontros que fortalecen a colaboración entre escola e familias e contribúen ao benestar do noso alumnado.




