Os exames poden ser un desafío importante para calquera estudante. A presión por conseguir bos resultados pode xerar nervios e ansiedade, pero con planificación, estratexias ben aplicadas e coidado emocional, é posible superar estas probas con éxito. Neste artigo aprenderás:
Métodos efectivos para estudar
Técnicas de estudo rápido para os últimos díasEstratexias para reducir a ansiedade antes dunha proba.
Antes do exame: a preparación é a clave
Infografía Técnicas de estudo de D.O. IES. Sofía Casanova.1. Planifica con antelación: Non deixes todo para o último momento.Estudar un pouco cada día durante varios días, en vez de todo dunha vez, mellora a retención a longo prazo.
Organiza un calendario de estudo e distribúe o temario en bloques pequenos para revisalo con tempo.
É moi importante que te organices de xeito realista, ser demasiado optimista neste punto só che levará á frustración. valora con honestidade as horas que necesitas dedicarlle a cada cuestión para afianzar o que xa sabes e ir incorporando novos datos. Canto máis acoutes e mellor saibas que é o que vas facer e en canto tempo, máis focalizado estará o teu estudo e maior será a túa concentración.
Incorpora na túa planificación tempo extra para dedicarlle aos elementos máis complexos para ti.
2 Emprega técnicas de estudo eficaces:
Método Pomodoro
Consiste en estudar por bloques de 25 minutos con 5 minutos de descanso entre eles. Despois de 4 bloques, faise unha pausa máis longa (15–30 minutos). Este método axuda a manter a concentración e evita a fatiga mental.
Técnica Feynman
Explica o que estudas coma se llo ensinaras a un neno. Se es capaz de explicalo con palabras sinxelas, significa que o comprendiches. Este método obriga a entender a fondo o contido.
Compilar todo o material necesario, apuntes, mapas, ordenador ou libros, calculadora, etc…
Subliñado selectivo. Non subliñes todo o texto. Identifica as ideas clave, palabras técnicas e conceptos esenciais.
Resumos e esquemas. Reescribe a información coas túas propias palabras. Isto non só condensa o contido, senón que tamén facilita a comprensión.
Mapas mentais
Organizan visualmente a información. Ideais para materias teóricas ou con moitas conexións conceptuais, como historia ou bioloxía.
Visual thihking: É unha técnica que se basea no uso de elementos visuais, como debuxos, diagramas, esquemas, gráficos e outros recursos, para organizar ideas, representar conceptos e facilitar a comprensión de información complexa
Autoavaliación. Fai preguntas a ti mesmo ou responde exames anteriores. Isto activa a recuperación da memoria, moito máis eficaz que reler.
Practica con exames anteriores. Isto axudarache a acostumarte ao tipo de preguntas e ao formato da proba.
Aclarar as dúbidas. Preguntando ó profesorado ou algún compañeiro. Esto aumentará a túa seguridade.
Estudar de forma significativa, esto implica comprender, relacionar e aplicar os contidos, non só memorizalos. O cerebro aprende mellor cando conecta o novo cos coñecementos previos.
Empregra regras mnemotécnicas: Trátanse de técnicas útiles para lembrar datos como por exemplo datas, nomes de personaxes históricos ou unha lista de conceptos relacionados. O fío condutor e a clave de todas estas regras consiste na cantidade de asociacións que somos capaces de aplicar. Acrónimos, acrósticos, rimas ou historias.
Como reducir a ansiedade antes e durante o exame.
Descansa e mantén unha rutina saudable: Durmir ben e levar unha alimentación equilibrada e saudable.
Realiza exercicio físico: Se o corpo está ben, a mente estará ben. O exercicio físico axuda á memoria e á concentración, favorece o sono.
Estuda nun lugar con ambiente idóneo: Unha zona silenciosa e ben ventilada, cadeira cómoda e mesa ordenada, boa iluminación e temperatura adecuada.
Evita o consumo excesivo de hidratos de carbono, azúcres, café e bebidas estimulantes e ten coidado con substancias como os depresores do sistema nervioso central, analxésicos, estimulantes, inhalantes,etc…
Preparate mentalmente e chega con tempo ao exame é tan importante como estudar.
Mantén unha actitude positiva: Confía no traballo que fixeches e evita pensamentos negativos sobre a proba. O que te dis a ti mesmo inflúe. Substitúe frases como "non son capaz" por "estou mellor preparado do que creo".
Practica a respiración profunda: Se notas tensión, para uns segundos e respira profundamente. Isto axudarache a relaxarte.
Evita compararte cos demais: Cada persoa ten o seu ritmo de aprendizaxe e preparación. Confía en ti mesmo.
Visualiza o éxito: Imaxina que entras ao exame tranquilo, recordas o temario e respondes con seguridade. Isto reforzará a túa confianza.
Acepta os nervios como algo normal: Un pouco de ansiedade pode ser positivo, xa que mellora a concentración. O truco está en que non se volva excesiva.
Le ben as instrucións do exame e empeza polas preguntas máis fáciles, para afrontar despois as máis complexas ou as máis longas. Se non lembras unha pregunta, continúa coas que sabes para non perder tempo.