O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde, promovido pola (OMS) en 1948. Nesta ocasión queremos facer mención dun tema de saúde que nos afecta a toda a comunidade educativa e que non se pode visibilizar con máscaras, nin facer prevención con vacinas, que é a saúde mental.
Promover o coñecemento de hábitos de vida saudables que contribúan ao benestar físico, mental e social.Fomentar a responsabilidade individual e colectiva na adopción de prácticas saudables no día a día.
Posibilitar a reflexión sobre as propias emocións e a súa importancia.Desmitificar a saúde mental e fomentar a busca de axuda cando sexa necesario.Promover a empatía e a comprensión cara ás emocións dos demais.
Moitas veces, a xente ao noso redor parece feliz, pero non sabemos se están sufrindo. A dor mental non se ve coma unha ferida física. Nas redes sociais, só vemos imaxes de felicidade, o que nos fai pensar que a nosa vida é peor. Non falamos do sufrimento e evitamos axudar aos demais.
Aínda que é importante buscar axuda profesional, todos podemos facer pequenas cousas para axudar aos demais: saudar, escoitar, sorrir. Estes xestos simples poden dar esperanza a alguén que está a pasar por un momento difícil.
A información está resumida na infografía.
Saúde Mental de OrientacíónSofíaCasanova.
1º Actividade. Iniciamos o diálogo analizando "o caso de María".
María é unha moza de 15 anos que ten unha vida normal: vai ó instituto, fai natación un par de días á semana e as fins de semana sae a pasear cos seus amigos e amigas pola súa cidade. Unha vez cada 15 días, desde fai un par de meses, vai á psicóloga, aínda que non llo dixo a ninguén.
«Os psicólogos son os profesionais ós que acudimos cando necesitamos axuda para coidar da nosa saúde mental.»
- Que imaxinas que lle pode pasar a María para acudir á psicóloga?
- Cres que é normal que non llo contou a ninguén? Por que?
- Coñeces cal é a diferenza entre a psicoloxía e a psiquiatría? Explícao coas túas propias palabras.
- Por que cres que é importante coidar a saúde mental?
- Poderías definir “saúde mental” coas túas propias palabras?
- Que factores dos que ves na táboa cres que inflúen na nosa saúde mental?