mércores, 4 de setembro de 2024

Xornada de acollida

 O recibimento do alumnado por parte dos titores/ titoras debe sentar as bases dun bo clima de convivencia que facilitará o proceso de ensino-aprendizaxe ao longo do curso. Este proceso vén marcado en gran medida polas relacións que se establecen na aula, a comunicación e interacción entre compañeiros, co profesorado, a dirección e o resto da comunidade educativa.

De aí a importancia de que na titoría se facilite desde o inicio o establecemento de relacións positivas, dedicando tempo a procesos de grupo así como ás comunicacións e ás interaccións personais, así como cuestións de orde, normas, convivencia e disciplina.

Esta xornada de acollida ten como obxectivos:

Favorecer unha rápida e positiva integración do alumnado novo no centro e o seu coñecemento de profesores e compañeiros.

Facilitar o tránsito da Educación Primaria á Educación Secundaria, no caso do alumnado de 1º da ESO. Ou o cambio a unha nova etapa da ESO ao Bacharelato. 

Axilizar entre o novo alumnado o coñecemento do centro e a asunción das súas normas.

Xerar entre o alumnado actitudes de respecto, tolerancia cara a todos os compañeiros e profesores para favorecer a convivencia xeral no centro.

Na xornada inicial os titores ou titoras permanecerán co seu grupo durante a primeira hora de clase.

1º-Entrega e explica ao alumnado:

1. O horario do curso.

2. A relación de profesorado e áreas.

3. Un resumo de normas: entradas e saídas da aula, uso dos servizos, na biblioteca, e outras dependencias do instituto.

4. Exposición de fórmulas de uso dos móbiles que deberán estar apagados en todo momento. Calquera profesor que os vexa usando o móbil poderallo requisar e será entregado en conserxería.

5.Uso dos patios nos recreos en función do curso.

2º-Situar ao alumando na aula:

Se é posible, asignar o lugar da clase que vai ocupar o alumno ou a alumna, estes postos manteranse sempre ata nova orde do titor/titora  ou por indicación do profesorado.

3º-Presentación do alumnado ao resto do grupo:

 Actividades xerais de presentación, coñecemento mutuo, confianza, aprecio, comunicación…

Para iso pode resultar de utilidade divesos exemplos de actividades ou cuestións.

Nesta ligazón poderás atopar exemplos de dinámicas de presentación. Pica na imaxe.


Tamén podes ver algunhas delas neste vídeo.


Se o tempo dispoñible é escaso propoñémosche un breve cuestionario para realizar co alumnado.

Preguntas para relacionarse e crear vínculos.

 ✓ Que é o que máis admiras dunha persoa ou dos teus amigos?

 ✓ Comparte unha experiencia positiva que tiveches coa túa clase?

 ✓ Unha calidade dun profesor que che procura confianza? 

 ✓Como crees que te perciben os outros? /Que clase de amigos gústache ter?

 ✓ En que te podes comprometer para mellorar a convivencia na aula? 

✓ Unha característica que debería ter un un bo compañeiro de estudo? 

 ✓ Algunha frase que che marcou na túa vida? 


Preguntas para coñecemento dun mesmo: retos, expectativas, desexos.

 ✓Algo que te propós para este curso. Como levarás a cabo o obxectivo que te propuxeches? 

✓ Algo que che custou moito facer e que che fixo sentir contento / orgulloso de facer?

 ✓Cal sería o teu día ideal? /En que te ocupas para sentirte sereno, tranquilo e en paz contigo mesmo?

 ✓Que fas cando te anoxas, e como te sentes? 

✓Un dos teus soños máis importante é... 

✓ Que farías hoxe se soubeses que non vas fallar?