luns, 21 de febreiro de 2022

8 DE MARZO NA SEMANA DA PRENSA

 

En 1977 a Asemblea Xeral da (ONU) proclamou o 8 de marzo como Día Internacional polos Dereitos da Muller, para conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.

O tema do Día Internacional da Muller para este  8 de marzo do 2022, “Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible”, recoñece a contribución das mulleres e as nenas de todo o mundo, que están a liderar os esforzos de resposta, mitigación e adaptación ao cambio climático para construír un futuro máis sostible para todas as persoas.

Por este motivo e facéndonos eco de que no calendario escolar de Galicia estableceuse do 7 ó 11 de marzo a semana da prensa, coa finalidade de traballar cos xornais nas aulas, facemos unha proposta de actividades que nos permita achegarnos a coñecer  e valorar a prensa escrita,  os xornais ó tempo que profundizamos e investigamos no  movemento do 8 de marzo, na súa historia e nos obxectivos para este ano de dar visibilidade a mulleres que loitan pola igualdade e a sostibilidade.

Para informarnos:

1º. Vemos o vídeo sobre a estrutura dun xornal.

2º.- Observamos de que partes se compón unha noticia.


Para traballar na aula:

1.- Buscamos noticias nos xornais, tamén nos dixitais, que falen sobre mulleres que loitan pola igualdade ou que fan algún tipo de traballo ou proposta relacionada coa sostibilidade.

1.- Clasificamos e votamos na clase as 5 noticias que vos resultaron máis relevantes.

Redactando un pequeno resumo que pegaremos nun mural de aula, acompañado dunha imaxe da muller protagonista.

Lembra ó facelo que terás que tentar dar respostas ás cuestións que che deixamos no debuxo que acompaña ó cartel da aula,  e que tanto  as novas coma  as imaxes deberán ir acompañadas do nome dos seus creadores ou do medio onde as recollemos, tal como indica a  Guía ALFIN5 da nosa bilioteca, para o tratamento da información.

 Os materiais estarán na biblioteca a disposición de todos os titores.


Para axudar na búsqueda de noticias deixamos  algún exemplo de noticias sobre  mullers que foron recollidas na prensa local e que temos reflectidas nos nosos blogs.


JIMENA FERNÁNDEZDE LA VEGA premio Real Academia de Ciencias de Galicia, octubre 2021 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2021/10/08/homenajean-genetista-jimena-fernandez-vega-cientifica-galega/00031633707925224648854.htm
ÁNGELES ALVARIÑO.
¿Quién es María de los Ángeles Alvariño González, la gallega a la que Google dedica hoy su doodle?https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2021/10/03/maria-angeles-alvarino-gonzalez-mujer-google-dedica-hoy-doodle/00031633256564619838281.htm

SOFÍA CASANOVA. 
Sofía Casanova, canario de salón y de guerra.

EMILIA PARDO BAZÁN
Un congreso internacional para probar la modernidad y vigencia de Pardo Bazán .
https://www.abc.es/espana/galicia/abci-congreso-internacional-para-probar-modernidad-y-vigencia-pardo-bazan-202109201010_noticia.html

ÁNGELA RUIZ ROBLES
Una placa en Ferrol para recordar a doña Angelita, la precursora del libro electrónico.

PILAR BERRIO
Pilar Berrio, escritora: «Jorge Juan fue un marino que además era ingeniero y un gran viajero que hizo de espía»

 

 

sábado, 19 de febreiro de 2022

CHARLA DO STEMBACH NA BIBLIOTECA


O día 11 de febreriro a nosa biblioteca estivo moi animada coa presencia do alumnado do Stembach e as súas profesoras responsables, Cristina López e Cecilia Garcia que foron os protagonistas de varias actividades coas que se celebrou o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Iniciaron a xornada explicándolles ós grupos da ESO, que pasaron pola biblioteca en varios turnos, as aportacións dun nutrido grupo de mulleres á ciencia, algunhas estaban presentes na exposición de carteis que tiñamos na biblioteca. Como podedes ver na imaxe. 
Posteriormente explicáronlles en que consiste o Stembach, cales eran os seus obxectivos, o método de traballo e os proxectos que estan a desenvolver neste curso e que desenvolveron nos cursos pasados. Outro grupo fixo un experimento amosando como reacciona o Peróxido de hidróxeno (Auga oxixenada) que ó descompoñerse os seus elementos desagrúpanse  resultando por unha banda o líquido e polo outro gas, osíxeno que forma unha burbullas que saen do recipiente e explotan. Esta reacción foi acelerada cun aditivo e un colorante para facilitar o seu visionado, e para evitar que as burbullas desapareceran engadiron xabón de lavar os pratos. O resultado foi espectacular e inmediatamente xerouse algo parecido á pasta de dentes en cantidade suficiente como para lavar os dentes dun elefante. O alumnado asistiu á demostración con entusiasmo desbordado como podedes comprobar nos vídeos que vos deixamos aquí. A xornada foi moi instrutiva e entretida. Todos admiramos e disfrutamos por igual da xenialidade a da capacidade comunicativa do alumando do Bacharelato Stem, ó que lle aplaudimos e agradecemos esta marabillosa experiencia.
Dixamos a continuación un vídeo resumo da xornada.
Tamén veredes a exposición sobre as mulleres científicas.
O Primeiro grupo de poñentes. 

                  O Segundo grupo. 

                  A demostración co prototipo. 

xoves, 10 de febreiro de 2022

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Mañá 11 de febreiro, com motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Cristina López e Cecilia García, profesoras responsables no noso centro do STEMbach, xunto co Departamento de actividades extraescolares, ten programadas unhas charlas na biblioteca do centro, a cargo do alumnado de esta modalidade de bacharelato. Para o alumnado de 1º da ESO. Os rapaces e rapazas de 2º de Bach, contarán ós nenos e nenas os proxectos de investigación nos que están a traballar, facendo unhas presentacións sobre o producto que están a desenvolver neste curso, así como as fases das que consta un proxecto de investigación, tansmitíndolles deste xeito en que consiste o modelo científico de traballo.
As charlas desenvolveránse na biblioteca do centro neste horario. Os profesores das áreas que teñan clase nese horario con eses cursos acudirán acompañando ó  alumnado.

Febreiro

11

venres

Conferencias Stembach

na

Biblioteca

1º D / C

10:30 a 11:20

Grupo

Steam


Cristina

Febreiro

11

venres

Conferencias Stembach

na

Biblioteca

1º A / B

12:30 a 13:20

Grupo

Steam


Cristina


Deixamos información sobre a celebración desta efeméride.
       
Desde aquí queremos invitarvos a facer publicidade desta xornada e das actividades que resulten do voso interese nas redes sociais cos cancelos que aparecen no seguinte vídeo.
     

Tamén queremos facer mención de moita información recopilada nesta dirección do 11 de febreiro para dar publicidade ás numerosas mulleres cintíficas que lograron destacar ó longo da historia pero que debido a que son escasas as referencias a elas nos libros de texto o alumnado vese privado de referentes femininos na actividade científica. Votádelle un ollo a esta información sobre mulleres que teñen a súa labor recoñecida cun Premio Nobel.

     

xoves, 3 de febreiro de 2022

Día da Radio e Día de Rosalía

 

Para celebrar o 23 de febreiro, data do aniversario de Rosalía de Castro a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) fai diferentes suxestións e neste curso están relacionadas cos pensamentos, que son as flores favoritas da autora co lema #SementadePensamentos.
Desde os Equipos de Dinamización, Orientación, Actividades Extraescolares e Biblioteca, queremos facer efectiva estas accións nas titorías adaptadando as porpostas por esta entidade.
1.- Actividades nas titorías de 1º e 2º da ESO
O alumnado terá que copiar algún verso ou algún dos poemas de Rosalía dentro dos pétalos das flores coma a da imaxe, que os titores poden recoller na biblioteca. E unha vez rematados e decorados podedes deixalos na mesa da entrada do centro. Os poemas cos que traballaresmos son os que vos deixamos neste enlace.
1- D’aqueles que cantan as pombas y as frores
Todos din que teñen alma de muller
2- E ben, ¿para que escribo
3- O fondo sin fondo d’o meu pensamento
4- ¿Que pasa ó redor de min?
5- Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos.

Se picades nos pétalos da imaxe tamén veredes os poemas.
2.- Programa de Radio.
Aproveitando que estamos a estrear a radio escolar, contamos cunha proposta aberta a toda a comunidade educativa, para facer programas de radio, que poden consisitir nunha pequena semblanza biográfica da autora, lecturas ou recitado de poemas, ou cantar algún dos poemas da autora que foron musicalizados por distintos intérpretes ou calquer outra suxestión en torno a obra desta autora. Se estades interesados nesta modalidade, teredes que presentar na biblioteca unhas liñas que expliquen o contido do programa, os nomes dos participantes, que por razóns de espazo non poden ser máis de 6, e o día e hora en que queredes gravar para poder organizar turnos.

3- Plantación de pensamentos.
Os clubs de lectura e os outros culbs do do centro que desexen participar están invitados a facer unha plantación de pensamentos en xardineiras e un recitado ou lectura de versos da autora no os recreos dos días 22 ó 23 de febreiro.
Desde a (AELG) dinos que é importante que o que compoñades teña relación co feito de pensar xa que é preciso, neste momento que estamos a vivir, que dediquemos tempo á reflexionar, non só nós, tamén a provocar ese pensamento nas persoas que nos rodean. Pedímosvos que compartades as vosas achegas nos blogs ou nas redes sociais co cancelo #SementadePensamentos.

Deixamos aquí o cartel da xornada e se picades na imaxe podedes leer o manifesto de Beatriz Maceda Abeleira que foi a escritora escollida para esta edición.

Cartel do Día de Rosalía da (AELG)