O día 11 de febreriro a nosa biblioteca estivo moi animada coa presencia do alumnado do Stembach e as súas profesoras responsables, Cristina López e Cecilia Garcia que foron os protagonistas de varias actividades coas que se celebrou o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Iniciaron a xornada explicándolles ós grupos da ESO, que pasaron pola biblioteca en varios turnos, as aportacións dun nutrido grupo de mulleres á ciencia, algunhas estaban presentes na exposición de carteis que tiñamos na biblioteca. Como podedes ver na imaxe.Posteriormente explicáronlles en que consiste o Stembach, cales eran os seus obxectivos, o método de traballo e os proxectos que estan a desenvolver neste curso e que desenvolveron nos cursos pasados. Outro grupo fixo un experimento amosando como reacciona o Peróxido de hidróxeno (Auga oxixenada) que ó descompoñerse os seus elementos desagrúpanse resultando por unha banda o líquido e polo outro gas, osíxeno que forma unha burbullas que saen do recipiente e explotan. Esta reacción foi acelerada cun aditivo e un colorante para facilitar o seu visionado, e para evitar que as burbullas desapareceran engadiron xabón de lavar os pratos. O resultado foi espectacular e inmediatamente xerouse algo parecido á pasta de dentes en cantidade suficiente como para lavar os dentes dun elefante. O alumnado asistiu á demostración con entusiasmo desbordado como podedes comprobar nos vídeos que vos deixamos aquí. A xornada foi moi instrutiva e entretida. Todos admiramos e disfrutamos por igual da xenialidade a da capacidade comunicativa do alumando do Bacharelato Stem, ó que lle aplaudimos e agradecemos esta marabillosa experiencia.Dixamos a continuación un vídeo resumo da xornada.
Tamén veredes a exposición sobre as mulleres científicas.
O Primeiro grupo de poñentes.
O Segundo grupo.
A demostración co prototipo.