xoves, 3 de febreiro de 2022

Día da Radio e Día de Rosalía

 

Para celebrar o 23 de febreiro, data do aniversario de Rosalía de Castro a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) fai diferentes suxestións e neste curso están relacionadas cos pensamentos, que son as flores favoritas da autora co lema #SementadePensamentos.
Desde os Equipos de Dinamización, Orientación, Actividades Extraescolares e Biblioteca, queremos facer efectiva estas accións nas titorías adaptadando as porpostas por esta entidade.
1.- Actividades nas titorías de 1º e 2º da ESO
O alumnado terá que copiar algún verso ou algún dos poemas de Rosalía dentro dos pétalos das flores coma a da imaxe, que os titores poden recoller na biblioteca. E unha vez rematados e decorados podedes deixalos na mesa da entrada do centro. Os poemas cos que traballaresmos son os que vos deixamos neste enlace.
1- D’aqueles que cantan as pombas y as frores
Todos din que teñen alma de muller
2- E ben, ¿para que escribo
3- O fondo sin fondo d’o meu pensamento
4- ¿Que pasa ó redor de min?
5- Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos.

Se picades nos pétalos da imaxe tamén veredes os poemas.
2.- Programa de Radio.
Aproveitando que estamos a estrear a radio escolar, contamos cunha proposta aberta a toda a comunidade educativa, para facer programas de radio, que poden consisitir nunha pequena semblanza biográfica da autora, lecturas ou recitado de poemas, ou cantar algún dos poemas da autora que foron musicalizados por distintos intérpretes ou calquer outra suxestión en torno a obra desta autora. Se estades interesados nesta modalidade, teredes que presentar na biblioteca unhas liñas que expliquen o contido do programa, os nomes dos participantes, que por razóns de espazo non poden ser máis de 6, e o día e hora en que queredes gravar para poder organizar turnos.

3- Plantación de pensamentos.
Os clubs de lectura e os outros culbs do do centro que desexen participar están invitados a facer unha plantación de pensamentos en xardineiras e un recitado ou lectura de versos da autora no os recreos dos días 22 ó 23 de febreiro.
Desde a (AELG) dinos que é importante que o que compoñades teña relación co feito de pensar xa que é preciso, neste momento que estamos a vivir, que dediquemos tempo á reflexionar, non só nós, tamén a provocar ese pensamento nas persoas que nos rodean. Pedímosvos que compartades as vosas achegas nos blogs ou nas redes sociais co cancelo #SementadePensamentos.

Deixamos aquí o cartel da xornada e se picades na imaxe podedes leer o manifesto de Beatriz Maceda Abeleira que foi a escritora escollida para esta edición.

Cartel do Día de Rosalía da (AELG)