venres, 13 de marzo de 2026

Conferencia para as familia sobre educación afectivo-sexual



no marco das actividades organizadas polo Departamento de Orientación Educativa do centro, en colaboración coa ANPA, E Dentro do Plan de Acción titorial seguimos a a colaborar co Equipo de  Orientación e Planificación familiar de Ferrol que este martes 10 de marzo, deu unha charla sobre a atencíón afectivo-sexual, destinado ás familias. A actividade naceu coa intención de ofrecer un espazo de encontro no que nais e pais puidesen reflexionar, aprender e compartir ideas sobre como acompañar aos seus fillos e fillas nesta etapa do seu desenvolvemento.


Durante a sesión falouse da importancia de entender a educación afectivo-sexual como parte da formación integral das persoas. Non se trata só de explicar cuestións biolóxicas, senón tamén de educar en valores como o respecto, a autoestima, a empatía e o coidado nas relacións cos demais.

Tamén se destacou o papel fundamental da familia como primeiro espazo educativo. Animouse ás familias a falar destes temas con naturalidade na casa, respondendo ás preguntas dos fillos e fillas dun xeito sinxelo e adaptado á súa idade. Crear un clima de confianza axuda a que os máis novos se sintan cómodos para expresar dúbidas, inquietudes ou emocións.


A actividade rematou cun pequeno coloquio no que as familias puideron compartir preguntas e reflexións.


Desde o centro agradecemos a participación e o interese mostrado, e seguimos apostando por este tipo de encontros que fortalecen a colaboración entre escola e familias e contribúen ao benestar do noso alumnado.