domingo, 29 de outubro de 2023

25 de Novembro Día de Loita Contra a Violencia de Xénero

Con motivo do Día de Loita Contra a Violencia de Xénero queremos facer unha proposta de actividades para as semanas anteriores.

 OBXECTIVOS.

-Prevención das condutas violentas e a violencia contra a muller en todos os ámbitos.
-Recoñecer as actitudes violentas na nosa contorna.
-Recoñocer as actitudes violentas nas relacións de parella, centrados no emprego das redes sociais.
RECURSOS PARA A REFLEXIÓN.

1.-PRESENTACIÓN: A APRENDIZAXE DA VIOLENCIA.

Contido da presentación.
Os comportamentos violentos son aprendidos no noso entorno. Na familia, escola e cos amigos. Esta aprendizaxe é tan sutil que non somos conscientes dela e fai que nos acostumemos a ela, reproducindo estas condutas na vida diaria. Nas relacións de parella prodúcese este mesmo fenómeno. Quixemos chamar a atención sobre este aspecto e sobre as mensaxes violentas que recibimos por medio das redes sociais.
2.-VÍDEOS:
A)- A HISTORIA DE PEPA E PEPE.
-Tentando identificar en primeiro lugar as condutas violentas, nas parellas ou compañeiros ou xente tóxica en xeral para poder descobrir ou reflexionar sobre a escada da violencia. Para iso empregamos o vídeo da profesora de Granada:Carmen Ruíz Repullo,
Esta é unha versión feita polo alumanddo mismo vídeo.
B)-VÍDEO DE PANTALLAS AMIGAS: 10 FORMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NAS REDE
ACTIVIDADES 1º,2º da ESO.
.-Nas aulas con este material, faremos reflexión en torno ós vídeos e á presentación e para recoller o resultado do diálogo pensamos colocar  nun poster na aula. Deixamos varias opcións, un poster no que colocar frases xurdidas no grupo e outros dous para facer fincapé no comportamento nas redes, con exemplos de mensaxes positivas e negativas, e un cartel no que se podan poñer exemplos de mensaxes que hai que erradicar e actitudes ou mensaxes positivas que hai que potenciar.

Os carteis estarán biblioteca. 

Contra a violencia de xénero IES Sofía Casanova

Recollemos temén as aportacións de varios titores deixando aquí varios recursos que poden resultar de interese.


O Equipo de Dinamización do centro tamén nos achega esta canción que ten por obxecto profundizar neste tema. Este equipo tamén invita a todos a deixar nas mesas da entrada denuncia dos micromachismos. Podedes escribir nos carteís que están alí pegados.



luns, 16 de outubro de 2023

CIBERACOSO

O ciberacoso é un novo tipo de acoso que se materializa por medio das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Pódese definir como unha agresión intencionada e prolongada no tempo, por parte dun grupo ou un individuo, usando formas electrónicas de contacto repetidas veces contra unha vítima que non pode defenderse  (Smith 2008).

Vemos o seguinte vídeo para estar infomados das conductas que poden ser identificadas como ciberacoso.

Para poder recoñecer estas condutas aquí podes consultr unha lista de actividades consideradas ciberacoso ou ciberbullying.

-Envío repetido de mensaxes ofensivas e insultantes cara a un determinado individuo.

-Loitas  online a través de mensaxes electrónicas (chat, mensaxería instantánea vía móbil, SMS, redes sociais…) cunha linguaxe enfadada e  soez.

-Envío de mensaxes que inclúen ameazas de danos e que son altamente  intimidatorios. Ademais, acompáñanse doutras actividades (espreita, seguimento) na rede que fan que a persoa tema pola súa propia seguridade.

-Enviar ou propagar murmuracións crueis ou rumores sobre alguén que danan a súa reputación ou a danan ante os seus amigos.

-Pretender ser alguén que non se é e enviar ou difundir materiais e informacións  online que deixan mal á persoa en cuestión, póñena en risco ou causan dano á súa reputación #ante os seus coñecidos e/ou amigos.

-Compartir  online información secreta ou  embarazosa de alguén. Enganar a alguén para que revele información secreta ou  embarazosa que despois se comparte  online.

-Publicación de datos persoais.

-Excluír intencionalmente a alguén dun grupo  online, como unha lista de amigos.

-Enviar programas lixo: virus, subscrición a listas de pornografía, colapsar a caixa de correos do acosado, etc.

-Gravar e colgar na internet vídeos de pelexas e asaltos a persoas a quen se agride e que despois quedan expostas a todos.

-Gravar actividades sexuais no móbil ou con  webcam e envialo á parella, quen o comparte cos seus amigos coa intención de molestar e  denigrar intencionadamente.

-Utilizar un blogue persoal para  denigrar e falar mal dunha persoa.

-Manipular materiais dixitais: fotos, conversacións gravadas, correos electrónicos, cambialos,  trucarlos e modificalos para  ridiculizar e danar a persoas.

-Roubar contrasinais para  suplantar a súa identidade.

 Resumo na infografía.

 As consecuencias do ciberacoso son moi variadas pero aquí podedes ver algúns exemplos.


Reflexionamos sobre o vídeo.
- Que vos parece o ocorrido?
- Creedes que a tecnoloxía: WhatsApp, as redes sociais, son un
bo medio para expresar o noso enfado ou rabia cara a outra persoa?
- Como sentiriades se empezades a recibir chamadas, mensaxes e
publicacións nas que se vos ameaza ou insulta continuamente a través de WhatsApp
ou redes sociais?
-Como reaccionarías a unha situación así?, que fariades?
- E como compañeiros da persoa que está a sufrir unha situación de acoso
como vos sentiriades?, que fariades vós en circunstancias similares?
Estás a ser vítima de ciberacoso?  

Na seguinte páxina podes atopar moita información de utilidade para resolver as túas dúbidas. Pica na imaxe.


Ou podes chamar ó seguinte número.


Para rematar deixamos unha aquí unha guía de seguridade en internet que pode ser de moita utilidade . Pica na imaxe.