O ciberacoso é un novo tipo de acoso que se materializa por medio das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Pódese definir como unha agresión intencionada e prolongada no tempo, por parte dun grupo ou un individuo, usando formas electrónicas de contacto repetidas veces contra unha vítima que non pode defenderse (Smith 2008).
Vemos o seguinte vídeo para estar infomados das conductas que poden ser identificadas como ciberacoso.
Para poder recoñecer estas condutas aquí podes consultr unha lista de actividades consideradas ciberacoso ou ciberbullying.
-Envío repetido de mensaxes ofensivas e insultantes cara a un determinado individuo.
-Loitas online a través de mensaxes electrónicas (chat, mensaxería instantánea vía móbil, SMS, redes sociais…) cunha linguaxe enfadada e soez.
-Envío de mensaxes que inclúen ameazas de danos e que son altamente intimidatorios. Ademais, acompáñanse doutras actividades (espreita, seguimento) na rede que fan que a persoa tema pola súa propia seguridade.
-Enviar ou propagar murmuracións crueis ou rumores sobre alguén que danan a súa reputación ou a danan ante os seus amigos.
-Pretender ser alguén que non se é e enviar ou difundir materiais e informacións online que deixan mal á persoa en cuestión, póñena en risco ou causan dano á súa reputación #ante os seus coñecidos e/ou amigos.
-Compartir online información secreta ou embarazosa de alguén. Enganar a alguén para que revele información secreta ou embarazosa que despois se comparte online.
-Publicación de datos persoais.
-Excluír intencionalmente a alguén dun grupo online, como unha lista de amigos.
-Enviar programas lixo: virus, subscrición a listas de pornografía, colapsar a caixa de correos do acosado, etc.
-Gravar e colgar na internet vídeos de pelexas e asaltos a persoas a quen se agride e que despois quedan expostas a todos.
-Gravar actividades sexuais no móbil ou con webcam e envialo á parella, quen o comparte cos seus amigos coa intención de molestar e denigrar intencionadamente.
-Utilizar un blogue persoal para denigrar e falar mal dunha persoa.
-Manipular materiais dixitais: fotos, conversacións gravadas, correos electrónicos, cambialos, trucarlos e modificalos para ridiculizar e danar a persoas.
-Roubar contrasinais para suplantar a súa identidade.
Resumo na infografía.
As consecuencias do ciberacoso son moi variadas pero aquí podedes ver algúns exemplos.
- Que vos parece o ocorrido?- Creedes que a tecnoloxía: WhatsApp, as redes sociais, son unbo medio para expresar o noso enfado ou rabia cara a outra persoa?- Como sentiriades se empezades a recibir chamadas, mensaxes epublicacións nas que se vos ameaza ou insulta continuamente a través de WhatsAppou redes sociais?-Como reaccionarías a unha situación así?, que fariades?- E como compañeiros da persoa que está a sufrir unha situación de acosocomo vos sentiriades?, que fariades vós en circunstancias similares?
Na seguinte páxina podes atopar moita información de utilidade para resolver as túas dúbidas. Pica na imaxe.