sábado, 28 de maio de 2022

5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.

 En 2022 cúmprense 50 anos da designación do 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución do 15 de decembro de 1972, coa que se iniciou a Conferencia de Estocolmo co Medio Humano coma tema principal. Ese mesmo día, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a creación do "Programa das Nacións Unidas para o ambiente" (PNUMA).

Este ano o lema é “Unha soa Terra”, que foi co que se inaugurou esta celebración no ano 1972 e que sigue tendo vixencia porque este planeta é o noso único fogar e é responsabilidade da humanidade salvagardar os seus recursos finito.

Fonte:https://triplenlace.com
Por este motivo queremos chamar a atención de como a nosa actividde individual inflúe nos procesos de degradación do planeta e de cambio climático para que entendamos que todos estamos a formar parte do problema e por tanto debemos implicarnos nas solucións.
Témonos que informar en primeiro lugar sobre que é a pegada de carbono que a nosa actividade produce no medio ambiente.  
Enténdese por pegada do carbono a cantidade total de gases de efecto invernadoiro que produce un ente determinado (persoa, organización, acontecemento, produto…).

 Os investigadores Wright, Kemp e Williams deron esta definición cuantitativa:

É unha medida da cantidade total de dióxido de carbono  e  metano  que emite unha poboación, un sistema ou unha actividade determinados, tendo en conta todas as fontes, sumidoiros e almacenamento dentro do límites espazo-temporais da poboación, sistema ou actividade. Pódese calcular como equivalentes de dióxido de carbono mediante o índice pcg (potencial de quecemento global)”.


Podemos ver o seguinte vídeo no que nos dan unha explicación sinxela. 

                             Actividades:

1º-Propoñemos en primerio lugar que tomemos conciencia medindo a nosa pegada nos desprazaementos que realizamos para asistir ó instituto durante un mes.

Neste vídeo entedemos cómo se pode medir, de xeito aproximado, a pegada de carbono

                   A páxina web CeroCo2 axúdanos a facer este cálculo. Preme na imaxe.


2º-Revisada a nosa contribución á contaminación producto da nosa actividade entendemos que é necesario reparar este dano que causamos ó medio natural compensando esta acción con outras que contribúen a poñer solucións na medida das nosas posibilidades.

Seguro que na aula xurden distintas ideas que podedes concretar no seguinte cartel, engadindo posits coa vosas achegas.

 3.-Por último invitámosvos a poñernos más a obra con dúas accións:

-Recollidad de refugallos na contorna do noso instituto.

-Plantación de flores e árbores nos patios do centro.


 

xoves, 26 de maio de 2022

Reflexión sobre a convivencia no centro

 
O Plan de Convivencia é un documento no que se articula a convivencia escolar e as liñas xerais do modelo de convivencia a implementar no centro, así como os obxectivos e as normas que a regulan e as actuacións de todos os sectores da comunidade educativa. Seguindo o disposto no Decreto 8/2015, capitulo II, e que está incluido no Proxecto educatvido de centro.
No artigo 12 do citado decreto desenvólvense os obextivos deste plan entre os que podemos destacar:
  • Concienciar e sensibilizar a comunidade educativa sobre a importancia dunha axeitada convivencia escolar e sobre os procedementos para mellorala e acadar un ambiente educativo que permita o óptimo aproveitamento dos recursos que a sociedade pon á disposición do alumnado.
  • Facilitar a prevención, detección e eliminación de todas as manifestacións da violencia, especialmente do acoso escolar, da violencia de xénero e das actitudes e comportamentos xenófobos e racistas.
  • Facilitar a conciliación ou a mediación para a resolución pacífica dos conflitos.
A fin de continuar a reflexionar sobre o clima escolar do centro e ter elementos de diagnóstico que nos permitan evaluar e facer propostas de mellora no Plan de Convivencia, deixamos aquí un documento que os titores poden recoller en xefatura, co que abordar unha reflexión pausada co alumando de 1º e 2º da ESO.