A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022 a Florencio Delgado Gurriarán considerando varios aspectos. En primeiro lugar a súa obra poética, en segundo lugar a súa defensa e militancia a prol dos valores democráticos nun tempo adverso que el mantivo acesos mesmo nas angosturas do desterro. Así como a súa defensa e admiración polas terras de Valdeorras, o seu compromiso coa súa cultura, as tradicións, o patrimonio histórico (material e inmaterial) e lingua da nosa terra.Desdes o este blog das titotías queremos propoñer varias actividades para dar a coñecer a este autor e a súa obra.
Para informarnos:
- Podemos atopar unha morea de datos e fotografías no corredor de abaixo na exposición que leva por título Primavera das letras.
- Para coñecer distintos aspectos da vida e obra de Florencio Delgado preparamos unha páxina web na que recompilamos recursos cos que podedes traballar.
Para participar: Temos convocados dous concursos:
- Un de marcapáxinas en papel e en formato dixital.
- Outro de podcast para falar do autor ou ler algún dos seus poemas.
Na imaxe están as bases.
Na biblioteca cada titor pode recoller material para facer marcapáxinas e un dossier con poemas de Florencio Delgado para facilitar a vosa participación nas iniciativas destas semanas que dedicaremos a festexar a Lingua Galega.
PDF con poemas de Florencio Delgado.