xoves, 31 de marzo de 2022

Día da Poesía

Estas semanas anteriores estivemos adicando tempo nas titorías  a traballar coa poesía no blog de titorías puxemos unha entrada con varias actividades ó que o alumnado se podía sumar. 
Deixamos unha información sinxela sobre como escribir poesía e outro para recoñecer as figuras literarias. Tentando facer unha actividade que conectase a celebración deste Día da Poesía co nosos obxectivo para este  curso de promocionar a oralidade, propuxémoslles facer o recoñecemento destas figuras por medio do análise das letras de cancións coñecidas ou populares. Nós deixamos unhas poucas pero invitamos a cada profesor a facer a súa aportación en outras linguas do currículo.
Nas aulas colgáronse uns carteis como o que vemos na imaxe para poder facer unha clasificación dos exemplos de esas figuras que foron quen de recoñecer en poemas ou cancións.
Sorprendeunos a participación e comprobamos que son quen de recoñecer estas figuras en un variado abano de composicións.
Nestes días onde as noticias sobre a guerra en Ucraína teñen un gran impacto, propuxémonos recordarlles que a poesía sempre foi unha vía privilexiada para denunciar e rexeitar a deshumanización dos conflito bélicos. Deixámoslles algúns poemas e cancións sobre a Guerra e  coas achegas que o alumando dos diferentes grupos un grupo de 1º da ESO foi o encargado de  construír un mural na biblioteca.
Por outra banda, deixamos na entrada unha exposición con libros de poetas en diferentes linguas que serviunos para facer unha pequena lectura de algún poema con alumnado dos que adoitan vir pola biblioteca.
Comprobamos así  como a poesía sigue despertando a curiosidade dos rapaces de todas as idades. O profesorado tamén nos fixo suxestións sobre a compra de algún exemplar que cada un considera importante que poñamos a disposición do alumnado.  E serviu tamén para facer publicidade de algún  certame como o  de Poesía Salvaxe que se celebra na nosa cidade, e que os seus promotores Guillermo Ferrández e Karlotti,  xa nos tiñan presentado en anos anteriores.

Aquí deixamos  máis imaxes.

venres, 18 de marzo de 2022

DÍA MUNDIAL DA POESÍA, 21 DE MARZO

 Foi  en outubro-novembro  do 1999 cando a  UNESCO durante a súa 30ª reunión en París, decidiu proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade a todas as  linguas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades. Por este motivo queremos chamar a atención sobre este xénero literario por medio  do que  todos somos quen de expresar pensamentos, sentimentos e emocións. Desde moi cedo aprendemos versos, pequenos poemas ou cancións transmitidos  de xeito oral, antes incluso de saber escribir. A poesía cose, imaxes, cores, sons e sensacións ás nosas lembranzas e aprendizaxes ó longo da nosa vida.

Estamos seguros que non podemos prescindir dela como tampouco da música á que tantas veces vai unida. Para este Día da Poesía queremos deixavos  dous vídeos que nos achegan de xeito didáctico a unha explicación sinxela sobre que é un poema  e que son as figuras literarias.

 Para concretar as actividades na aula invitámosvos a que reflexionedes sobre dúas cuestións:
 1.- As figuras literarias, buscando cancións ou poemas onde recoñezas ou descubras algunha delas.
Logo facedes unha clasificación de anacos de cancións ou poemas nos que atopástes esas figuras e pegádelas nun póster na aula. A cada cadro podedes poñerlle unha pegatina co nome da figura literaria. Nos posits  que vos proporcionará o titor/titora copiades algunhas frases dos poemas ou cancións nos que teñades subliñado a figura literaria atopada. Con todas as achegas facedes un mural para a vosa clase.

2.- Poesía contra a guerra. Moitas veces os poetas cantaron, berraron e choraron a destrutiva realidade da guerra, polo que  vos propoñemos recompilar aqueles poemas ou cancións que vos impresionaron falando deste tema. Neste caso gustaríanos que poñades por escrito un anaco de poema ou canción nunha tarxeta, da que deixamos modelo na biblioteca.  Coas  vosas achegas queremos construír un gran mural  na biblioteca. Se vos animades, podemos recitalas e facer tamén un programa de radio.

 Se picas na imaxe atoparás poemas sobre a guerra. 

 E aquí poemas pola Paz, en Galego

Na bibioteca estará o material dispoñible para os titores/as.