Estas semanas anteriores estivemos adicando tempo nas titorías a traballar coa poesía no blog de titorías puxemos unha entrada con varias actividades ó que o alumnado se podía sumar.
Deixamos unha información sinxela sobre como escribir poesía e outro para recoñecer as figuras literarias. Tentando facer unha actividade que conectase a celebración deste Día da Poesía co nosos obxectivo para este curso de promocionar a oralidade, propuxémoslles facer o recoñecemento destas figuras por medio do análise das letras de cancións coñecidas ou populares. Nós deixamos unhas poucas pero invitamos a cada profesor a facer a súa aportación en outras linguas do currículo.
Nas aulas colgáronse uns carteis como o que vemos na imaxe para poder facer unha clasificación dos exemplos de esas figuras que foron quen de recoñecer en poemas ou cancións.
Sorprendeunos a participación e comprobamos que son quen de recoñecer estas figuras en un variado abano de composicións.
Nestes días onde as noticias sobre a guerra en Ucraína teñen un gran impacto, propuxémonos recordarlles que a poesía sempre foi unha vía privilexiada para denunciar e rexeitar a deshumanización dos conflito bélicos. Deixámoslles algúns poemas e cancións sobre a Guerra e coas achegas que o alumando dos diferentes grupos un grupo de 1º da ESO foi o encargado de construír un mural na biblioteca.
Por outra banda, deixamos na entrada unha exposición con libros de poetas en diferentes linguas que serviunos para facer unha pequena lectura de algún poema con alumnado dos que adoitan vir pola biblioteca.
Comprobamos así como a poesía sigue despertando a curiosidade dos rapaces de todas as idades. O profesorado tamén nos fixo suxestións sobre a compra de algún exemplar que cada un considera importante que poñamos a disposición do alumnado. E serviu tamén para facer publicidade de algún certame como o de Poesía Salvaxe que se celebra na nosa cidade, e que os seus promotores Guillermo Ferrández e Karlotti, xa nos tiñan presentado en anos anteriores.