venres, 18 de marzo de 2022

DÍA MUNDIAL DA POESÍA, 21 DE MARZO

 Foi  en outubro-novembro  do 1999 cando a  UNESCO durante a súa 30ª reunión en París, decidiu proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade a todas as  linguas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades. Por este motivo queremos chamar a atención sobre este xénero literario por medio  do que  todos somos quen de expresar pensamentos, sentimentos e emocións. Desde moi cedo aprendemos versos, pequenos poemas ou cancións transmitidos  de xeito oral, antes incluso de saber escribir. A poesía cose, imaxes, cores, sons e sensacións ás nosas lembranzas e aprendizaxes ó longo da nosa vida.

Estamos seguros que non podemos prescindir dela como tampouco da música á que tantas veces vai unida. Para este Día da Poesía queremos deixavos  dous vídeos que nos achegan de xeito didáctico a unha explicación sinxela sobre que é un poema  e que son as figuras literarias.

 Para concretar as actividades na aula invitámosvos a que reflexionedes sobre dúas cuestións:
 1.- As figuras literarias, buscando cancións ou poemas onde recoñezas ou descubras algunha delas.
Logo facedes unha clasificación de anacos de cancións ou poemas nos que atopástes esas figuras e pegádelas nun póster na aula. A cada cadro podedes poñerlle unha pegatina co nome da figura literaria. Nos posits  que vos proporcionará o titor/titora copiades algunhas frases dos poemas ou cancións nos que teñades subliñado a figura literaria atopada. Con todas as achegas facedes un mural para a vosa clase.

2.- Poesía contra a guerra. Moitas veces os poetas cantaron, berraron e choraron a destrutiva realidade da guerra, polo que  vos propoñemos recompilar aqueles poemas ou cancións que vos impresionaron falando deste tema. Neste caso gustaríanos que poñades por escrito un anaco de poema ou canción nunha tarxeta, da que deixamos modelo na biblioteca.  Coas  vosas achegas queremos construír un gran mural  na biblioteca. Se vos animades, podemos recitalas e facer tamén un programa de radio.

 Se picas na imaxe atoparás poemas sobre a guerra. 

 E aquí poemas pola Paz, en Galego

Na bibioteca estará o material dispoñible para os titores/as.