sábado, 22 de xaneiro de 2022

Actividades Día da PAZ e da Ilustración 2022


O Día da Ilustración, instaurouse no 2014, o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Alfonso R. Castelao. Nesta data tradicionalmente celebramos o Día Escolar da Paz e a non Violencia. Con ese motivo, e dado que este ano a nosa bilioteca está a incidir na conservación do patrimonio oral, queremos unir estos tres obxectivos nunha actividade que consistirá na ilustración de poemas e cancións que falen da no violencia e a paz.


Temos convocado un concurso para o que vos deixamos as bases a continuación e que está nos carteis que vedes polos corredores do centro. Animádevos a participar ilustrando de xeito creativo un anaco de texto ou unha canción coñecida ou unha composición orixinal, con caligramas, haikus, collage, cómic, ou un debuxo.
Pica na imaxe

As composicións entréganse na biblioteca na que tamén podedes recoller material e consultar as bases. A data límite das achegas é o día 4 de febreiro, e o 25 farase entrega dos premios na entrada do centro.
Se picas en cada pomba atoparás poemas ou cancións para inspirarte.



  


sábado, 15 de xaneiro de 2022

ACTIVIDADES TITORÍAS CULTURA DA PAZ.

Iniciamos estas semanas previas á celebración do Día da Paz, reflexionando sobre a necesidade de abordar unha educación para a paz que favoreza a convivencia, o diálogo e a resolución dos conflitos. Nesta liña queremos iniciar a nosa reflexión deste tempo tratando O ACOSO ESCOLAR. Con esta actividade pretendemos:

- Informar ao  alumnado sobre o fenómeno do acoso escolar e as súas consecuencias.

- Ofrecer pautas de actuación ante esta situación.

- Espertar e fomentar a capacidade empática no alumnado para que sexa quen de poñerse no lugar daqueles que están a sofrir  acoso.

- Promover a axuda mutua.

PASOS DA SESIÓN

-
A) Delimitación e definición do acoso.
Exposición do profesor sobre o concepto de acoso e os seus tipos por medio da proxección dun vídeo, unha infografía e unha 
presentación que deixamos aquí.
 -VÍDEO.

-PRESENTACIÓN.                         - INFOGRAFÍA. 
-B) Comprobación do grao de coñecemento e reflexión en grupo sobre o tema.
Despois do vídeo ábrese un debate e posta en común coa clase para:

1. Definir os conceptos e ver que entendeu o alumnado de cada un deles.

2. Ver que tipo de acoso perciben nas aulas con máis frecuencia: físico, verbal ou psicolóxico.

3. Debate sobre exemplos e posibilidades de actuación.

-C) Actividade conxunta.

CREACIÓN DE CARTEL OU MURAL de aula que recolle as conclusións do alumnado. 
Na aula pegaremos unha táboa de gran tamaño que iremos enchendo coas súas achegas que farán en pequenos notas con pegamento ou posits de diferentes cores, que lles repartirá o profesor, nas que terán que facer as súas reflexións segundo a cor da nota entregada.

-Definición persoal de acoso.

-Tipos de acoso que observa na súa contorna.

-Exemplos de actitudes que no seu xuízo poden considerarse acoso.

-Axentes ou protagonistas implicados.

Se entre todas as mensaxes desexan destacar algunha, escríbese en grande dentro do mural ou pódese rodear, subliñar, colocar cómets de cores. De xeito que esta frase sexa o lema do noso posicionamento de aula diante do acoso escolar. Para animar ó alumnado neste enlace aparecen frases coas que enfontar o acoso.

                                        FRASES

A táboa en gran formato xunta coas notas de cores estará a disposición dos titores,  na biblioteca.    

CULTURA DA PAZ

 En 1997, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou ó 2000, o Ano Internacional da Cultura da Paz. Con este motivo, un grupo de premios Nobel  asinan O Manifesto 2000, para unha cultura da paz e da non violencia. Brevemente resumido en compromisos  que todos podemos  asumir a nivel individual e de  grupo.

-Respectar a vida e a dignidade de cada persoa, sen discriminación nin prexuízos.
-Practicar a non violencia activa, rexeitando a violencia en todas as súas formas: física, sexual, sicolóxica, económica e social, en particular cara aos máis débiles e vulnerables, como os nenos e os adolescentes.
-Compartir o meu tempo e os meus recursos materiais, cultivando a xenerosidade a fin de terminar coa exclusión, a inxustiza e a opresión política e económica.
-Defender a liberdade de expresión e a diversidade cultural, privilexiando sempre a escoita e o diálogo, sen ceder ao fanatismo, nin ó rexeitamento do próximo.
-Promover un consumo responsable e un modo de desenvolvemento que teña en conta a importancia de todas as formas de vida e o equilibrio dos recursos naturais do planeta.
-Contribuír ao desenvolvemento da comunidade, propiciando a plena participación das mulleres e o respecto dos principios democráticos, a  fin de crear xuntos novas formas de solidariedade.
Máis de 20 anos despois seguimos preguntándonos: Que facer para crear unha Cultura de Paz?  As respostas sempre apuntan á educación que debe promover a formación en valores e actitudes que favorezan a Cultura de Paz, o diálogo e a resolución pacífica de conflitos.


 

A escola esfórzase diariamente  por  enunciar e fomentar  constantemente estes valores pero... Somos capaces de reflexionar sobre a resolución pacífica dos conflitos?

Nestas semanas previas á celebración do Día da Paz, tentaremos abordar o acoso escolar como a fonte de conflito máis habitual na nosa contorna,  incidindo na súa identificación e na solución consensuada e pacífica do conflito, como parte da nosa educación para a convivencia e a paz.