Iniciamos estas semanas previas á celebración do Día da Paz, reflexionando sobre a necesidade de abordar unha educación para a paz que favoreza a convivencia, o diálogo e a resolución dos conflitos. Nesta liña queremos iniciar a nosa reflexión deste tempo tratando O ACOSO ESCOLAR. Con esta actividade pretendemos:
- Informar ao alumnado sobre o fenómeno do acoso escolar e as súas consecuencias.
- Ofrecer pautas de actuación ante esta situación.
- Espertar e fomentar a capacidade empática no alumnado para que sexa quen de poñerse no lugar daqueles que están a sofrir acoso.
- Promover a axuda mutua.
PASOS DA SESIÓN
- A) Delimitación e definición do acoso.
Exposición do profesor sobre o concepto de acoso e os seus tipos por medio da proxección dun vídeo, unha infografía e unha presentación que deixamos aquí.
-VÍDEO.
-B) Comprobación do grao de coñecemento e reflexión en grupo sobre o tema.Despois do vídeo ábrese un debate e posta en común coa clase para:
1. Definir os conceptos e ver que entendeu o alumnado de cada un deles.2. Ver que tipo de acoso perciben nas aulas con máis frecuencia: físico, verbal ou psicolóxico.3. Debate sobre exemplos e posibilidades de actuación.
-C) Actividade conxunta.CREACIÓN DE CARTEL OU MURAL de aula que recolle as conclusións do alumnado.Na aula pegaremos unha táboa de gran tamaño que iremos enchendo coas súas achegas que farán en pequenos notas con pegamento ou posits de diferentes cores, que lles repartirá o profesor, nas que terán que facer as súas reflexións segundo a cor da nota entregada.
-Definición persoal de acoso.-Tipos de acoso que observa na súa contorna.-Exemplos de actitudes que no seu xuízo poden considerarse acoso.-Axentes ou protagonistas implicados.
Se entre todas as mensaxes desexan destacar algunha, escríbese en grande dentro do mural ou pódese rodear, subliñar, colocar cómets de cores. De xeito que esta frase sexa o lema do noso posicionamento de aula diante do acoso escolar. Para animar ó alumnado neste enlace aparecen frases coas que enfontar o acoso.
A táboa en gran formato xunta coas notas de cores estará a disposición dos titores, na biblioteca.