A UNESCO fixou en 1995 esta data para a celebración do Día do Libro coincidindo coa de pasamento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare, e Inca Garcilaso de la Vega. Esta efeméride ten como obxectivos ademáis de rendir homenaxe ós libros e aos autores e autoras, fomentar a lectura, defender o libro e o dereito de autor, promocionar a alfabetización, a igualdade e o libre acceso ao coñecemento, ao contido científico así como aos recursos educativos diversos. Trátase de facer festa cos libros e aos autores e autoras, incidindo no fomento do pracer da lectura, valorando axeitadamete a a achega cultural e o legado dos grandes escritores e escritoras. Este ano coinciden de aniversario varios xigantes de literatura en todos os xéneros e linguas. Empezando polo 500 aniversario da morte de Antonio Nebrija, coa súa Gramática da lingua castelán publicada en 1492. O 400 aniversario do nacemento do dramaturgo francés Molière. Os 100 anos do nacemento de Saramago, o pensador portugués. O centenario da morte de Marcel Proust, e os aniversarios da publicación de El mundo de Guermantes e de Sodoma y Gomorra, o terceiro e cuarto volumen da súa obra monumental: El tiempo perdido. Tamén se cumpre un século de publicación de grandes obras de literatura contemporánea como o Ulisses de James Joyce. Poema da literatura inglesa como La tierra baldía de T. S. Eliot. Para rematar non queremos esquecer os poemarios: Trilce de César Vallejo e Desolación, da autora chilena e premio Nóbel de Literatura, Gabriela Mistral.
Día do libro de Biblioteca Sofía Casanova.Nesta presentación deixamos información e vídeos sobre estes acontecementos. Somos conscientes da gran cantidade de información e da complexidade literaria das obras e dos autores/as que, sin embargo, son referentes imprescindibles da cultura, por este motivo queremos propoñer as seguintes actividades:
liña do tempo de Biblioteca Sofía Casanova1.- Compoñer unha líña temporal con datos imaxes e información resumida dos aniversarios e as obras da presentación, e outros que non temos mencionado quí, pero que consideredes de interés. No círculo poñedes a imaxe, na liña, escribides a data, e no cadro resumides a información sobre o autor/ autora e a obra.
2.- Unha vez máis, neste curso, insistimos no emprego da poesía e neste caso queremos que lle poñades imaxes a algún texto dos poemas que están na presentación. Deberedes indicar o título e o autor ou autora, para facer un marcapáxinas do Día do Libro 2022. Os que queiran entragalos na biblioteca optarán a un premio.
Deixamos esta infografía na que premendo sobre cada cadriño atoparás a páxina dun dos poemarios.
poemarios de Biblioteca Sofía Casanova