venres, 26 de novembro de 2021

3 DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

www.sonrisasdebombay.org
O 3 de decembro celébrase o
Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.
As persoas con discapacidade non son diferentes en canto a competencia das demais, unicamente necesitan o apoio axeitado. Todos somos susceptibles de ter que recibir,  nalgún momento da nosa vida, medidas educativas que posibiliten o desenvolvemento das nosas  potencialidades. Por esta razón a  igualdade de oportunidades na educación, é unha das claves esenciais para que se fagan realidade as medida  inclusivas que lles permitan integrarse e contribuír á sociedade como  membros activos e de dereito que son.
Para poder iniciar un diálogo sobre este tema deixamos aquí unha publicación na que vemos a recoñecidas personaxes da cultura actual que presentan discapacidades ou unha curta sobre como eliminar barreiras para propiciar unha inclusión real.

>
Día das persoas con discapacidade de BibliotecaSofíaCasanova.