Con motivo do Día de Loita Contra a Violencia de Xénero queremos facer a seguinte proposta de actividades.
OBXECTIVOS.
-Prevención das condutas violentas e a violencia contra a muller en todos os ámbitos.-Recoñecer as actitudes violentas na nosa contorna.
-Recoñocer as actitudes violentas nas relacións de parella, centrados no emprego das redes sociais.
RECURSOS PARA A REFLEXIÓN.
1.-PRESENTACIÓN: A APRENDIZAXE DA VIOLENCIA.
Contido da presentación.
Os comportamentos violentos son aprendidos no noso entorno. Na familia, escola e cos amigos. Esta aprendizaxe é tan sutil que non somos conscientes dela e fai que nos acostumemos a ela, reproducindo estas condutas na vida diaria. Nas relacións de parella prodúcese este mesmo fenómeno. Quixemos chamar a atención sobre este aspecto e sobre as mensaxes violentas que recibimos por medio das redes sociais.
2.-VÍDEOS:
Contra a violencia de xénero IES Sofía CasanovaOs comportamentos violentos son aprendidos no noso entorno. Na familia, escola e cos amigos. Esta aprendizaxe é tan sutil que non somos conscientes dela e fai que nos acostumemos a ela, reproducindo estas condutas na vida diaria. Nas relacións de parella prodúcese este mesmo fenómeno. Quixemos chamar a atención sobre este aspecto e sobre as mensaxes violentas que recibimos por medio das redes sociais.
2.-VÍDEOS:
A)- A HISTORIA DE PEPA E PEPE.-Tentando identificar en primeiro lugar as condutas violentas, nas parellas ou compañeiros ou xente tóxica en xeral para poder descobrir ou reflexionar sobre a escada da violencia. Para iso empregamos o vídeo da profesora de Granada:Carmen Ruíz Repullo,
Esta é unha versión feita polo alumando do mismo vídeo.
B)-VÍDEO DE PANTALLAS AMIGAS: 10 FORMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NAS REDES
ACTIVIDADES 1º,2º,3º, 4º da ESO.
1º.-Nas aulas con este material, faremos reflexión en torno ós vídeos e á presentación e para recoller o resultado do diálogo pensamos colocar nun poster na aula. Deixamos varias opcións, un poster no que colocar frases xurdidas no grupo e outros dous para facer fincapé no comportamento nas redes, con exemplos de mensaxes positivas e negativas, e un cartel no que se podan poñer exemplos de mensaxes que hai que erradicar e actitudes ou mensaxes positivas que hai que potenciar.
Os carteis estarán no Departamento de Orientación.
Recollemos temén as aportacións de varios titores deixando aquí varios recursos que poden resultar de interese.
Tamén nos achegan desde outros equipos do centro esta canción coa que profundizar neste tema. Podemos deixar nas aulas denuncias de comportamentos que son micromachismos. Pare elo deberemos escribir nos carteís que están a disposición de todos no DEPARTAMENTO de ORIENTACIÓN ou facer un cartel novo para a aula no que deixar constancia das vosas observacións.