mércores, 6 de novembro de 2024

Técnicas de estudo

 


As técnicas de estudo son un conxunto de métodos e ferramentas que che permitirán mellorar o teu rendemento e obter bos resultados en exames e probas de avaliación. Aquí deixamos algunhas que podes aplicar ó teu estudo.

1. Organiza espazo de estudo e os teus materiais

Crea un espazo adecuado para estudar : Un lugar ben iluminado, sen distraccións, onde poidas sentarte e concentrarte que é esencial para mellorar a produtividade.
Asegúrate de ter todos os teus apuntamentos limpos e ordenados, libros e calquera outro recurso que o profesor mencionase.


2. Establece un plan de estudo
Fai un calendario:Anota as datas dos exames e planifica as túas sesións de estudo con antelación. Inclúe nel os días e as horas que dedicarás a cada materia, deixando unha marxe para repasar os temas máis difíciles antes do exame.
Establece metas: Define obxectivos claros para cada sesión de estudo, como cubrir un tema específico ou resolver un número determinado de exercicios.
Divide o temario en partes pequenas : Non tentas estudar todo de golpe. Divide a información en temas ou seccións e enfócate en cada un deles.
Asigna tempos específicos : Destino un tempo determinado para cada tema. Podes usar a técnica Pomodoro (25 minutos de estudo e 5 de descanso) para manterte concentrado.


3. Utiliza técnicas de estudo efectivas Toma de apuntamentos: Escribir o que aprendes en clase ou mentres estudas axúdate a reter a información.
Podes usar o método Cornell, que organiza as túas notas en seccións para facilitar a revisión.
Subliña ou resalta con cores os conceptos clave para identificar as ideas principais a primeira ollada. Non debes subliñalo todo, só aquelas palabras ou frases máis importantes. Podes utilizar diferentes cores e asignar a cada cor unha categoría (concepto clave, definición, exemplo, etc.), para que sexa máis sinxelo acceder á información relevante. Incorpora elementos gráficos como fotografías, ilustracións, táboas ou gráficos para que a lectura posterior sexa máis clara e amena. Mapas conceptuais e esquemas: Son útiles para organizar ideas e visualizar como se relacionan entre si. Tarxetas de repaso : Utiliza tarxetas para anotar conceptos clave ou definicións. Podes repasar estas tarxetas en momentos libres. Se che resulta fácil reter a información cando a recibes por vía auditiva, unha técnica que pode ser útil para ti é escoitar o contido de aprendizaxe en formato de audio. Practica con exames anteriores : Realizar exercicios de probas pasadas ou preguntas do tipo que poderías atopar axudarate a familiarizarte co formato e tipo de preguntas. Probas de autoavaliación: Facer exames ou cuestionarios sobre o material que estudaches permíteche identificar áreas nas que necesitas mellorar e reforza a túa aprendizaxe, podes pedir a outra persoa que che plantexe cuestións ou escoite o teu discurso. Explícalle a materia a outro compañeiro: Esto axudache a planificar a información e comprobar cales son son as túas dúbidas. Estudo en grupo: Compartir ideas e discutir temas con compañeiros pode ofrecerche novas perspectivas e facer a aprendizaxe máis dinámico.

Lectura Activa: Subliña ou resalta información mentres les. Toma notas á marxe para resumir conceptos importantes. Ao ler activamente, non só absorbes a información, senón que tamén a analizas, cuestionas e reflexionas sobre ela, establecendo conexións con coñecementos previos e aplicándoa a novos contextos. SQ3R son as siglas en inglés de cada un dos pasos que estruturan o Método Robinson: Survey (explorar)Consiste en facer unha primeira lectura superficial do tema sen entrar en detalles, só para sacar a idea principal e entrar en contexto. Question (preguntar) anotar as dúbidas que xurdiron na fase anterior. Read (ler) Lectura profunda do tema que nos facilita empezar a traballalo mediante resumos, esquemas e subliñado dos contidos. Recite (recitar) Repite en voz alta os conceptos ou ideas principais que lembres usando as túas propias palabras Review (repasar). Revisar e reler as notas, esquemas e resumos que se elaboraron na fase anterior.

4. Busca apoio e axuda en temas complicados Pregunta ao teu profesor ou compañeiros : Se algo non está claro, non dubides en pedir axuda a tempo. Formar un grupo de estudo : Ás veces, estudar en grupo axuda a aclarar dúbidas e lembrar mellor os temas.

5. Coida o teu benestar físico e mental Descansa adecuadamente : Durmir ben é esencial para consolidar a memoria e chegar descansado ao exame. Evita estudar de madrugada o día anterior : Mellor repasa os conceptos importantes e asegúrate de durmir polo menos 8 horas. Aliméntate e mantente hidratado : Facer exercicio e unha boa alimentación durante os días de estudo axudarante a manter a enerxía.
6. Recupérate antes do exame
O día antes do exame, repasa os conceptos máis importantes e utiliza os teus apuntamentos ou esquemas. Non é momento de aprender cousas novas, senón de consolidar o que xa sabes.

Con estas pautas, calquera estudante pode mellorar a súa aprendizaxe. O importante é manter a constancia, a organización e o enfoque en cada tema para chegar con confianza ao día da proba. Deixamos un vídeo para a reflexión.


Deixamos aquí un manual de técnicas de estudo e unha páxina con infografías que vos pode ser de utilidade. Tamén tedes o texto da entrada en PDF e una plantilla de planificación para poder descargar .