Esta xornada do Día mundial do Medio Ambiente pretende que esta ano reflexionemos sobre o uso dos plásticos pois estímase que cada ano prodúcense aproximadamente 400 millóns de toneladas de plástico e crese que a metade deste material concíbese para unha vida útil dun só uso. Sabendo que se recicla menos do 10% a maioría remata contaminando os acuíferos, ríos e mares do mundo. Pódese cuantificar entre 19 y 23 millóns de toneladas de refugallo plástico. Debemos cosiderar tamén a contaminación por microplásticos, partículas plásticas cuxo diámetro é inferior a 5 mm que invaden os alimentos, a auga e mesmo o aire.
Neste vídeo podes ver a dimensión do problema da contaminació e a pegada de carbono que deixa a nosa actividade no planeta.
Por este motivo queremos chamar a atención de como a nosa actividde individual inflúe nos procesos de degradación do planeta e de cambio climático para que entendamos que todos estamos a formar parte do problema e por tanto debemos implicarnos nas solucións.
Fonte:https://triplenlace.com
Témonos que informar en primeiro lugar sobre que é a pegada de carbono que a nosa actividade produce no medio ambiente.
Enténdese por pegada do carbono a cantidade total de gases de efecto invernadoiro que produce un ente determinado (persoa, organización, acontecemento, produto…).
Os investigadores Wright, Kemp e Williams deron esta definición cuantitativa:
“É unha medida da cantidade total de dióxido de carbono e metano que emite unha poboación, un sistema ou unha actividade determinados, tendo en conta todas as fontes, sumidoiros e almacenamento dentro do límites espazo-temporais da poboación, sistema ou actividade. Pódese calcular como equivalentes de dióxido de carbono mediante o índice pcg (potencial de quecemento global)”.
Podemos ver o seguinte vídeo no que nos dan unha explicación sinxela.
Actividades:
1º-Propoñemos en primerio lugar que tomemos conciencia medindo a nosa pegada nos desprazaementos que realizamos para asistir ó instituto durante un mes.
Neste vídeo entedemos cómo se pode medir, de xeito aproximado, a pegada de carbono
A páxina web CeroCo2 axúdanos a facer este cálculo. Preme na imaxe.
2º-Revisada a nosa contribución á contaminación producto da nosa actividade entendemos que é necesario reparar este dano que causamos ó medio natural compensando esta acción con outras que contribúen a poñer solucións na medida das nosas posibilidades.
Seguro que na aula xurden distintas ideas que podedes concretar no seguinte cartel, engadindo posits coa vosas achegas.
3.-Por último invitámosvos a poñernos más a obra con dúas accións:
-Recollidad de refugallos na contorna do noso instituto.
-Plantación de flores e árbores nos patios do centro.