venres, 10 de decembro de 2021

CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL 2021

 


Este ano para completar a nosa árbore de Nadal, temos previsto facer un concurso de postais. O tema serán as panxoliñas de diferntes tradicións e linguas por este motivo deixamos aquí uns enlaces a cantigas con letras en distintos idiomas que sirvan de inspiración ós autores.




BASES DO CONCURSO DE POSTAIS

Quen pode participar?
Todo o alumnado da ESO e o Bacharelato do centro.

CATEGORIA A: Primeiro ciclo da ESO, 1º e 2º.

CATEGORÍA B:Segundo ciclo da ESO, 3º e 4º.

CATEGORÍA C: Bacharelato.

Cal é o tema?
Os postais versarán sobre as panxoliñas ou cancións típicas do Nadal, nas catro linguas do currículo.

• Como participar?
As obras deberán ser inéditas e realizadas polos concursantes.
MODALIDADE:formato papel na tarxeta que lles entregamos a cada titoría.
Cada concursantepresentará un único traballo con técnica libre, con ilustracións ou debuxos que fagan referencia a unha panxoliña en calquera das linguas do currículo. 
As postais estarán realizadas para ser vistas en sentido horizontal.
Deberán ir asinadas na parte posterior.

Cal é o prazo, lugar e modo de presentación?

As obras deberán ser presentadas antes do día 20 de decembro de 2021.

O lugar de presentación será a biblioteca.

Como se elixirán as postais gañadoras?

O xurado composto por profesores do centro elixirá as postais gañadoras para cada categoría. Para a elección das postais non só se valorará a beleza senón tamén a técnica,orixinalidade, innovación, composición e a relación da imaxe texto cunha panxoliña en calquera lingua do currículo.

O fallo do xurado darase a coñecer os días 21 e 22 de decembro, no blog da biblioteca do centro. Serán colgadas na árbore do centro unha vez rematada a  fase de concurso polos responsables da biblioteca.

As postais faranse nestas cartolinas que tamén podedes recoller na biblioteca.

Cartolina par facer as postais 

Aquí tedes a letra dunha panxoliña na que atopar inspiración.

10 DECEMBRO. DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

 En 1945 rematada II Guerra Mundial, os gobernantes dos países participantes, pensaron que nunca máis debían volver facelo. Debían falar, discutir e atopar solucións aos problemas de forma pacífica, sen loitas nin guerras. Por iso decidiron agruparse nunha organización: a Organización das Nacións Unidas (ONU). Hoxe case 200 países do mundo forman parte dela.

En 1948, representantes de todos os países decidiron aprobar a “Declaración Universal dos Dereitos Humanos”. Que se cualifica de Universal porque pretende ser un instrumento válido para protexer os dereitos de todas as persoas en calquera parte do mundo.

Este é un resumo deses dereitos:

artigo 1

Ao nacer, todas as persoas son libres e teñen os mesmos dereitos.

artigo 2

As persoas poden ser de razas distintas, falar linguas distintas, ser ricas ou pobres, ter opinións e relixións distintas. As persoas poden ser diferentes, pero todas teñen os mesmos dereitos.

artigo 3

Todas as persoas teñen dereito a vivir, e a facelo en liberdade e con seguridade.

artigo 4

Ninguén pode escravizar a outra persoa, ou comprala e vendela coma se fose unha mercadoría.

artigo 5

Ninguén pode maltratar ou torturar a outra persoa.

artigo 6

Todas as persoas deben respectar os dereitos dos demais, en calquera parte onde estean.

artigo 7

As leis deben protexer e axudar da mesma forma a todas as persoas.

artigo 8

Todas as persoas teñen dereito a que os xuíces as traten de forma xusta.

artigo 9

Ninguén pode ser detido ou encarcerado sen motivo.

artigo 12

Todas as persoas teñen dereito á súa intimidade: ninguén pode falar ou escribir sobre a vida privada dunha persoa, entrar na súa casa ou ler as súas cartas si ela non deu permiso para facelo.

artigo 13

Todas as persoas poden elixir en que país e en que cidade van vivir. Poden saír e regresar ao seu país cando o desexen.

artigo 14

Si unha persoa é perseguida inxustamente no seu país pode pedir a outro país que a acolla para vivir alí.

artigo 16

Todas as persoas poden formar unha familia e o Estado debe axudalas para que poidan facelo. Ninguén pode obrigar a unha persoa a casar. No matrimonio, os homes e as mulleres teñen os mesmos dereitos.

artigo 17

Todas as persoas poden ter propiedades e ninguén pode quitarllas sen motivo.

artigo 18

Todas as persoas poden pensar o que queiran, elixir a relixión que desexen e falar das súas crenzas relixiosas. Calquera persoa pode cambiar a súa relixión cando queira.

artigo 19

Todas as persoas poden buscar e recibir información e opinar sobre o que queiran, alí onde estean, sempre que as súas opinións non ofendan nin insulten a ninguén.

artigo 20

Todas as persoas poden reunirse e tamén participar en asociacións, pero ninguén pode obrigalas a pertencer a un grupo ou asociación.

artigo 23

Todas as persoas teñen dereito a traballar e cobrar un salario que se corresponda co traballo que realizan. As persoas que realizan un mesmo traballo deben recibir o mesmo salario e, si queren, poden agruparse en sindicatos para defender os seus dereitos como traballadores.

artigo 25

Todas as persoas teñen dereito a vivir dignamente. Vivir dignamente significa poder comer cada día, ter roupa, ter casa, poder ir á escola e ao médico si estamos enfermos. As nais e os seus fillos teñen dereito a unha protección especial.

artigo 26

Todas as persoas teñen dereito á educación. Os estudos elementais deben ser obrigatorios e gratuítos. Os pais poden elixir o tipo de educación dos seus fillos.

artigo 30

Ninguén debe actuar en contra dos dereitos que están escritos nesta Declaración.


Deixamos aquí unha imaxe se picas nela podes ler o contido dos artígos:


Neste vídeo, que era do 70 aniversario, pero que hoxe van xa 73 anos desde esa Declaración, podedes ver un resumo.