venres, 5 de novembro de 2021

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO, 1º e 2º DA ESO.

                                                  

25 DE NOVEMBRO, DÍA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Desde o Departamento de Orientación, o equipo de Dinamización, a Biblioteca e Contratos Programa, queremos propoñer as seguintes actividades baixo o lema.

   PLANTAMOS O XARDÍN DA CONVIVENCIA.”

Con el quixemos facer unha campaña de concienciación sobre a necesidade de tomar unha actitude visible de denuncia e condena da violencia en xeral e da violencia de xénero en particular.

“Plantamos o xardín da convivencia” expresa esa necesidade de non pasar por alto esta situación e denunciar todo a violencia contra as mulleres. Por iso, non só o puxemos nun cartel senón que imos facer unha plantación simbólica flores de origami, con lemas sobre as conductas positivas que fan prevención da violencia.
OBXECTIVOS.
-Prevención das condutas violentas e a violencia contra a muller en todos os ámbitos.
-Recoñecer as actitudes violentas na nosa contorna.
-Recoñocer as actitudes violentas nas relacións de parella, centrados no emprego das redes sociais.
RECURSOS PARA A REFLEXIÓN.
1.-PRESENTACIÓN: A APRENDIZAXE DA VIOLENCIA.
Contido da presentación.
Os comportamentos violentos son aprendidos no noso entorno. Na familia, escola e cos amigos. Esta aprendizaxe é tan sutil que non somos conscientes dela e fai que nos acostumemos a ela, reproducindo estas condutas na vida diaria. Nas relacións de parella prodúcese este mesmo fenómeno. Quixemos chamar a atención sobre este aspecto e sobre as mensaxes violentas que recibimos por medio das redes sociais.
2.-VÍDEOS:
A)- A HISTORIA DE PEPA E PEPE.
-Tentando identificar en primeiro lugar as condutas violentas, nas parellas ou compañeiros ou xente tóxica en xeral para poder descobrir ou reflexionar sobre a escada da violencia. Para iso empregamos o vídeo da profesora de Granada:Carmen Ruíz Repullo,
Esta é unha versión feita polo alumando do mismo vídeo 
B)-VÍDEO DE PANTALLAS AMIGAS: 10 FORMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NAS REDE
ACTIVIDADES 1º,2º da ESO.
.-Nas aulas con este material, reflexión en torno ós vídeos e á presentación co alumnado sobre esta cuestión.
 (Semana do 8-12 de novembro).

2º.- Compoñer UN XARDÍN DA CONVIVENCIA na entrada do centro con todas as flores que se fagan nas titorías de 1º e 2ºda ESO, segudo o calendario que figura máis abaixo no blog. Nas flores poñeremos frases positivas e deixamos algunha para orientarnos.  

(Semana do 15-19 de novembro).


VÍDEOS PARA O 25 DE NOVEMBRO

  Deixamos aquí o vídeo da HISTORIA DE PEPA E PEPE.

Podedes a historia representada polo alumnado da biblioteca do IES LAXEIRO

Tamén o vídeo de pantallas amigas: Dez formas de violencia nas redes.

PRESENTACIÓN PARA TRABALLAR NAS AULAS

 Deixamos aquí a presentación que ten unha velocidade de 5 segundos para pasar cada diapositiva.


CALENDARIO PARA FACER AS FLORES DE ORIGAMI COAS TITORÍAS NA BIBLIOTECA

 Este é o calendario en que podemos axudar ós titores a facer as flores de origami na biblioteca.



martes, 2 de novembro de 2021

BLOG ACTIVIDADES BIBLIOTECA E TITORÍAS

 Este martes, día 2 de novembro acordamos crear este blog para poder compartir as propostas de actividades que facemos de xeito coordinado o Departamento de Orientación, o equipo de Dinamización Lingüística e a biblioteca do centro.

DÍA DAS BIBLIOTECAS, EMILIA PARDO BAZÁN

Deixamos aquí  o díptico e a presentación con contos de Emilia Pardo Bazán que publicamos o Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, publicámolo aquí para que esté a disposición de todo o profesorado.

Deixamos o díptico da xornada.
Emila Pardo Bazán de Biblioteca Sofía Casanova

       Aquí tedes tamén a presentación dos contos.


MATERIAL DO DÍA DAS ESCRITORAS, publicado no blog da Biblioreca do Sofía o 16 de outubro.


O Día das Escritoras fixemos unha  proposta de lectura de textos de varias autoras en galego e en castelán, que publicou a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. Baixo o lema "Ler as idades da vida" Marifé Santiago Bolaños, que é a comisaria esta VI Edición do Día das Escritoras 2021, fixo unha escolla de textos e autoras ós que nosoutros lles puxemos imaxes para poder proxectalas nas aulas. Poñemos aquí nas titorías este material para que quede a disposición de todo o profesorado.
ESCRITORAS EN GALEGO
DÍA DAS ESCRITORAS IES SOFÍA CASANOVA de Sofía Casanova Biblioteca

ESCRITORAS  EN CASTELÁN
DÍA DAS ESCRITORAS, Cas. IES SOFÍA CASANOVA de Sofía Casanova Biblioteca